INFRAESTRUTURAS
A nova estación depuradora de Beo, en Malpica, custará 1,25 millóns de euros
Xunta e Concello financiarán as obras, que se licitarán no primeiro semestre deste ano

Eduardo Parga, á esquerda, na xuntanza coa conselleira Ángeles Vázquez. / Cedida
A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, acordou co alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga, destinar 1,25 millóns de euros para mellorar o saneamento da localidade coa construción dunha nova estación depuradora de augas residuais no lugar de Beo, na parroquia de Vilanova de Santiso.
A Xunta, a través de Augas de Galicia, financiará o 80% do proxecto, mentres que o 20% restante correspondería á Administración local. Esta actuación será cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural Galicia 2021-2027.
Colaboración
A previsión é asinar nas vindeiras semanas o convenio de colaboración entre as dúas administracións co obxectivo de que este proxecto saia a licitación no primeiro semestre deste ano 2026.
A maiores, no encontro tamén analizaron a situación da EDAR do lugar da Balsa, en Buño, de cara a avaliar posibles actuacións no futuro, así como vías de colaboración para acometelas.
Apoio técnico e financieiro
A conselleira reiterou que, aínda que as competencias en materia de saneamento e depuración son municipais, a Xunta mantén o seu compromiso de prestar apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan prestar un servizo de calidade.
Este apoio reflíctese nos orzamentos de 2026. Augas de Galicia dedicará 151,7 M€ (un 5,5% máis), dos que 7 de cada 10 euros se destinarán a abastecemento e saneamento (108,7 M€), e case a metade (73,6 M€) a mellorar ou construír infraestruturas.
- Nuevo cierre en el comercio de Santiago: entra en concurso de acreedores y se despide tras más de 20 años en el Ensanche
- El 'Mercado da arte' aterriza en Área Central: más de 80 artistas, música en directo y piezas únicas este fin de semana
- Galicia abre la puerta de la vivienda pública a miles de gallegos más con prioridad para las familias jóvenes con hijos
- Las tres grandes orquestas de Galicia, juntas en un pueblo de menos de 200 vecinos cerca de Santiago
- Así es la casa de Santiago que opta a los Premios Arquitectura 2026: 'No busca ocultar ni sustituir lo existente
- Un camión queda atrapado debajo de Área Central por no respetar la altura máxima del paso subterráneo
- La previsión del ministro de Transportes sobre la apertura total de la autovía A-54 entre Santiago y Lugo: 'Próximamente
- Alcaldes y patronal de Arzúa y Melide claman por un fin de obras en la A-54 que no ven próximo