Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Infraestrutura

Padrón reparará os depósitos de Arretén danados nas riadas de 2006

A obra inclúe unha modificación do percorrido do trazado da tubaxe de condución da auga

Conta cun investimento de 79.938 euros

Un dos treitos afectados polas obras en execución en Padrón.

Un dos treitos afectados polas obras en execución en Padrón. / Cedida

Padrón

O Concello de Padrón está a executar as obras de reparación e posta en funcionamento dos depósitos de auga de Arretén, unhas instalacións que levan case 20 anos avariadas e en desuso tras quedar seriamente danadas polas riadas do ano 2006.

A obra, que conta cun investimento de de 79.938,01 euros, inclúe tamén a modificación do trazado da tubaxe de condución da auga, que está a ser trasladado ás pistas da zona, facendo o percorrido máis racional e seguro e reducindo o risco de posibles danos ante futuras inclemencias meteorolóxicas.

Con esta actuación, segundo a edila de obras Ana Castro buscan «avanzar cara unha xestión máis eficiente, sostible e económica do abastecemento de auga, reducindo custos e aproveitando mellor os recursos naturais propios».

Tracking Pixel Contents