Luz verde á construción de 37 novas viviendas públicas en Teo por 8,8 millóns de euros
A Xunta vén de asinar coa Administración local o convenio de cesión dunha parcela municipal na Ramallosa para executar as obras
Nestes fogares empregaranse técnicas industrializadas na estrutura, na fachada e nos elementos singulares como baños ou núcleos de escaleiras e ascensores

Heriberto García, Lucía Calvo, María Martínez Allegue e Belén do Campo en Teo. / X. G.
A Xunta de Galicia vén de asinar co Concello de Teo o convenio de cesión dunha parcela municipal na Ramallosa para construír 37 vivendas públicas máis neste municipio, que suporán un investimento de case 8,8 millóns de euros.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, e a delegada territorial da Coruña, Belén do Campo, firmou hoxe este acordo de colaboración coa alcaldesa teense, Lucía Calvo.
Allegue explicou que a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a licitación conxunta da redacción do proxecto, dirección e obras destas vivendas. O prazo de presentación de ofertas rematará o vindeiro 12 de maio.
A conselleira destacou que neste contrato, de igual modo que nos últimos destas características, tamén se está a incluír nos pregos de bases a obrigatoriedade de empregar técnicas industrializadas na construción, un sistema polo que aposta o Goberno galego co obxectivo de axilizar os traballos e ser máis respectuoso co medio ambiente.
Allegue sinalou que no caso destas vivendas previstas en Teo se empregarán as técnicas industrializadas na estrutura, na fachada e nos elementos singulares como baños ou núcleos de escaleiras e ascensores. Asemade, puxo en valor a aposta deste Concello pola vivenda, xa que esta é a segunda cesión gratuíta de solo que efectúa á Xunta para construír fogares públicos, pois o ano pasado Teo foi dos primeiros municipios en ceder solo, daquela unha parcela para edificar 26 vivendas nas Galanas. Detallou que a Xunta xa ten este proxecto redactado e en breve se licitarán as obras.
63 novas vivendas
A conselleira salientou que, coas cesións das citadas parcelas por parte do Concello de Teo, o Executivo autonómico poderá construír arredor de 63 vivendas neste municipio.
A Xunta continuará traballando da man dos concellos e do sector para avanzar no reto de duplicar o parque público residencial. Neste sentido, o Goberno galego vén desenvolvendo a folla de ruta marcada para esta lexislatura e tamén o novo Pacto de Vivenda asinado, que establece que no 2030 Galicia contará cun parque público residencial de 10.000 vivendas.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Vuelven a Santiago las quedadas para leer en silencio que arrasaron en 2025
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»