Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

POLÍTICA

A exalcaldesa de Fisterra querelase contra o edil Francisco Martínez por calumnias en redes sociais

O concelleiro cuestionou a súa licenciatura en Dereito e acusouna de intrusismo profesional

Áurea Domínguez e Francisco Martínez cando formaban parte do goberno de Fisterra.

Áurea Domínguez e Francisco Martínez cando formaban parte do goberno de Fisterra. / Cedida

Fisterra

A exalcaldesa e portavoz de Alternativa dos Veciños (AV) de Fisterra, Áurea Domínguez, presentou unha querela contra o edil Francisco Martínez Traba, actualmente no grupo de non adscritos e anteriormente integrante do goberno de AV, por un presunto delito de calumnias.

O motivo son as publicacións que Martínez Traba está a facer nas redes sociais poñendo en dúbida as titulacións de Áurea Domínguez.

Campaña difamatoria

"As falsas informacións sobre o meu título de Dereito comezaron o 21 de agosto de 2025. Neste momento eu xa non ostentaba o cargo de alcaldesa, xa que a moción de censura saiu adiante dous días antes", afirma a exrexedora.

A partir dese momento, engade, "iniciou una campaña difamatoria contra a miña persoa baseada no insulto de mentireira e que non teño o título de licenciada en Dereito e, nas últimas acusacións manifesta que cometo intrusismo ao exercer a profesión sen título".

Áurea Domínguez lembra que a súa profesión é a de xestora administrativa, con número de colexiada 930, cargo que exerce dende maio de 2003 no seu despacho de Sardiñeiro (Fisterra), "e dispoño do título de licenciada en Dereito dende o 7 de maio de 1998 e o de xestora administrativa dende o 25 de abril de 2003".

Para o exercicio da profesión de xestora administrativa, aclara, "é preceptivo determinadas titulacións que están tasadas normativamente e eu accedín ca miña licenciatura de Dereito", afirma.

Admitida a trámite

Por iso, presentou a querela ante o Tribunal de Instancia Sección Civil e de Instrucción plaza número 2 de Corcubión, que xa a admitiu a trámite ante a posible existencia dun delito de calumnia.

A exalcaldesa lembra que "as desaveniencias" co referido concelleiro "comezaron de seguida de entrar no goberno do que Martínez Traba foi cesado nos seus cargos por deslealdade manifesta", afirma.

Tracking Pixel Contents