Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Melide únese nun emotivo acto institucional polo 8M

As concelleiras Carmen Liñeira e Ana Mosteiro foron as encargadas de ler o manifesto

Ana Mosteiro e Carmen Liñeira, lendo o manifesto acompañadas polo alcalde de Melide, José Manuel Pérez, á súa dereita.

Ana Mosteiro e Carmen Liñeira, lendo o manifesto acompañadas polo alcalde de Melide, José Manuel Pérez, á súa dereita. / Cedida

Melide

A veciñanza de Melide reuniuse este domingo, 8 de marzo, na Praza do Concello para ser testemuña dos actos organizados na campaña especial 8M. Marzo Feminino en Melide, unha iniciativa que amosa a importancia das veciñas do pasado e presente do municipio para garantir o benestar das familias e da vila en xeral nunha ocasión tan especial como o Día Internacional da Muller.

Nesta xornada habilitouse un posto de divulgación na Praza do Concello e tivo lugar o momento estrela da programación, a lectura do manifesto, que correu a cargo das concelleiras Carmen Liñeira e Ana Mosteiro. "Rexeitamos todas as desigualdades e discriminacións que sofren as mulleres en todos os ámbitos e dun xeito estrutural só polo feito de ser mulleres", destacaron.

Así mesmo, sinalaron que a igualdade "é unha débeda que temos como sociedade, polo que facemos un chamamento a todas as administracións públicas, á sociedade civil, e tamén ó sector privado para que –xuntos e coordinados- sigamos traballando cada día nesta loita por acadar unha sociedade na que a igualdade deixe de ser unha utopía e se convirta nunha realidade".

As actividades seguirán o xoves 12 cunha charla sobre os dereitos e as demandas das mulleres.

Tracking Pixel Contents