SERVIZOS
O Club de Saúde da Laracha ofrecerá apoio integral a pacientes oncolóxicos e superviventes
Haberá sesións semanais con actividades físicas adaptadas, alimentación saudable e xestión emocional

As sesións celebraranse no centro de saúde da Laracha. / Cedida
O Concello da Laracha pon en marcha un Club de Saúde, da man da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), co obxectivo de fomentar o benestar integral dos pacientes oncolóxicos, superviventes de cancro e tamén dos seus familiares.
O programa desenvolverase coa colaboración do centro de saúde e achegará recursos de apoio e promoción da saúde a persoas que residen no rural, ofrecendo ferramentas e espazos de encontro que contribúan a mellorar o seu benestar físico, emocional e social.

Cartel promocional do Club de Saúde da Laracha. / Cedida
A actividade desenvolverase a través de sesións grupais semanais, coordinadas por profesionais especializados e co apoio do voluntariado da AECC. Os encontros permitirán ás persoas participantes compartir experiencias, adquirir hábitos saudables e fortalecer a súa rede de apoio.
Entre os contidos que se abordarán destacan a actividade física adaptada ás capacidades de cada persoa, a alimentación saudable e o autocuidado, así como a xestión emocional, técnicas de relaxación e estratexias para afrontar situacións de estrés ou dificultade. Ademais, o programa inclúe propostas de carácter social e de lecer que favorecen a convivencia e a socialización entre os participantes.
Os talleres celebraranse no centro de saúde da Laracha os xoves a partir do 9 de abril e en horario de 17.00 a 18.30 horas.
Participación gratuíta
A participación no Club de Saúde é totalmente gratuíta, aínda que as prazas son limitadas coa finalidade de garantir unha atención axeitada aos participantes.
As persoas interesadas poden solicitar máis información ou formalizar a súa inscrición chamando ao teléfono gratuíto 900 100 036. Tamén é posible anotarse no propio Centro de Saúde da Laracha ou no departamento municipal de Servizos Sociais situado no Edificio Administrativo da Laracha.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias