PROGRAMACIÓN
Artesanía, moda, música, gastronomía e literatura na Mostra do Encaixe de Camariñas
Luar na Lubre amenizará os desfiles e Antía Muíño pechará a feira das puntillas

Desfile de moda de Grandes Deseñadores na Mostra do Encaixe de Camariñas. / Cedida
O Concello de Camariñas fixo público un avance do programa da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que se celebrará do mércores 1 ao domingo 5 de abril co lema Onde o fío se converte en arte, que busca destacar ao municipio como punto onde late con máis forza o corazón da artesanía en Galicia.
Esta intención xa quedou plasmada no cartel promocional, deseñado polos irmáns Pedro e Estefanía Orgaz, últimos gañadores do concurso de Noveis Deseñadores da Mostra. A peza representa o mapa de Galicia tecido con encaixe de Camariñas usando as cores da bandeira galega.

Cartel promocional da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas. / Cedida
Unha das principais novidades desta edición é a celebración dun pleno extraordinario da corporación municipal no propio recinto da Mostra. Será o mércores 1 de abril ás 15.15 horas, antes da inauguración oficial, e servirá para ratificar o cambio de nome da Avenida Ambrosio Feijoo por Avenida das Palilleiras.
Os desfiles desta trixésimo terceira edición serán: Grandes Deseñadores, algúns xa consolidados e outras novidades; Noveis Deseñadores; artesáns do Artencaixe; Delegacións Internacionais; PequeEncaixe; e Encaixeiras Sénior.
Calendario
A apertura da Mostra terá lugar o mércores 1 de abril ás 15.00 horas, co tradicional encontro de encaixeiras e encaixeiros da Costa da Morte no que tamén participará o alumnado das escolas infantís municipais.
O acto inaugural será ás 16.30 horas. A partir das 18.00 horas comezarán os primeiros desfiles. Entre medias, amenizará a pasarela unha actuación de Luar na Lubre.
O xoves, 2 de abril, debutarán os participantes no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores no que se repartirán un total de 4.500 euros en premios. Participarán 34 mozas e mozos que están a dar os primeiros pasos no mundo da moda.
Outra das novidades desta edición será o espectáculo de costura en directo co deseñador andaluz José Perea. Poderá verse o xoves, 2 de abril, a partir das 12.45 horas. Amosará a súa técnica para confeccionar traxes en directo en tempo récord.
Actuacións destacadas
Este ano os asistentes poderán gozar da música de Luar na Lubre (o mércores 1 ás 18.00 horas horas durante o desfile inaugural da Mostra); do concerto do mozo de Camelle, Sebastián Martínez Dans, gañador do concurso de talentos Da rúa á lúa do programa da TVG Quen anda aí (o sábado 4 ás 12.30 horas) ou da actuación de Fíos de Salitre de Mascarada O Cansorriño (domingo 5 ás 19.00 horas). O concerto de clausura da Mostra (domingo 5 ás 19.30 horas) correrá a cargo de Antía Muíño.
Monólogos e teatro
Ademais, continuando coa tradición dos últimos anos, os asistentes poderán rirse a esgalla con Marta Doviro, Carmen Méndez e Ledicia Sola e o seu monólogo Sen Restricións, que terá lugar o sábado, 4 de abril, ás 20.30 horas na propia pasarela.
O xoves 2 de abril, ás 20.30 horas haberá unha representación teatral a cargo da compañía Aantena titulada Fíos da Memoria. Ademais o venres, 3 de abril, ás 20.30 horas, as risas están garantidas co monólogo da compañía de Camelle Mortos de risa.
Durante os cinco días escoitarase nos pavillóns da Mostra, mesturado co son dos palillos, o folclore das agrupacións Abrindo Rejo, Golpe de Mar, Con toda en banda, Vaiche Boa, Asociación Mar Devalado de Camelle e Asociación As Cansorriñas.
No IX Encontro de Corais participarán a Coral Polifónica San Roque de Vigo, a Coral San Salvador de Pazos de Ponteceso e a Coral Brisas do Mar de Camariñas (domingo 20 ás 12.15 horas).
Presentacións literarias
Aproveitarase o evento para a presentación de libros e publicacións como Punto de araña de Nerea Pallares (xoves 2 ás 12.00 horas); A princesa dourada de Anxo Mouzo (xoves 2 ás 12.20 horas); Ángeles acusadores de Diego Garrote (venres 3 ás 12.00 horas); Ardentía 1854 de María D.López-Menéndez Sánchez (venres 3 ás 12.20 horas); 1898 – El padre ausente, a última parte da triloxía de El Cementerio de los Ingleses de Alfonso de Sas (sábado 4 ás 11.40 horas); e a presentación de A Costa da Morte, naturalmente única de Xan Fernández Carrera e Antonio Fernández que correrá a cargo de Pepe Formoso (sábado 4 ás 12.00 horas).
‘Gourmet entre encaixes’
O Concello repetirá este ano o Gourmet entre encaixes, un espazo dedicado ao sector alimentario no que se poderán instalar postos de venta ao público. Esta nova zona, na que tamén se situará o bar da Mostra, terá unha decoración ambiental especial e contará cun espazo con mesas e cadeiras para que o público poida degustar alí mesmo os produtos que merque.
Durante toda a Mostra tamén haberá degustacións gastronómicas de polbo, a cargo de Frigoríficos de Camariñas (o venres 3 de abril ás 19.30 horas) e de rodaballo, a cargo de Stolt Sea Farm (o sábado 4 de abril ás 14.00 horas).
Todo iso complementarase con demostracións artesanais e os pais e as nais poderán deixar aos máis pequenos no parque infantil con monitores cualificados.
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Juan Díaz Villoslada asume este miércoles la gerencia de la Universidade de Santiago