MAR
A confraría de Malpica demanda melloras nas instalacións portuarias
O patrón maior e o secretario estudaron co director de Pesca as necesidades do sector

Isaac Rosón, segundo esquerda, e Pedro Pérez, terceiro, na xuntanza en Santiago. / Cedida
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, mantivo unha reunión co patrón maior e o secretario da da confraría de pescadores de Malpica para abordar asuntos de interese para o sector pesqueiro, así como a evolución da actividade desenvolvida pola confraría.
O encontro permitiu tamén trocar impresións sobre os principais retos da actividade e reforzar as vías de diálogo e colaboración entre a Consellería do Mar e o sector pesqueiro local.
Mellora de instalacións
O patrón maior, Pedro Pérez, asegurou que «foi unha primeira toma de contacto co novo director xeral», ao que lle trasladaron algunhas das necesidades do porto de Malpica, «como o deterioro das instalacións: fábrica do xeo, a lonxa e o galpón debido ao paso dos anos».
Asemade, Pérez demandou unha renovación do tellado da nave das redeiras, e tamén reiterou «peticións que xa vimos facendo dende hai dez anos, como a melloras dos puntos de luz e de auga».
Máis de 3,6 M€ de facturación
A lonxa de Malpica facturou arredor de 3,6 millóns de euros no último ano, froito da comercialización de máis de 1.066 toneladas de produto. Entre as especies máis destacadas atópanse o ourizo, polbo, sardiña, bocarte, abadexo, robaliza ou percebe, entre outras.
O encontro permitiu tamén trocar impresións sobre os principais retos da actividade e reforzar as vías de diálogo e colaboración entre a Consellería do Mar e o sector pesqueiro local.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión