CONVENIO
O Concello de Carballo e Inserta Emprego impulsarán a inclusión laboral de persoas con discapacidade
O acordo contempla programas formativos para usuarios e empresas

Beatriz Gallego, esquerda, Mauricio Martínez, Maica Ures, Iván Andrade e Daniel Pérez. / C. C.
O Concello de Carballo e Inserta Emprego, entidade da Fundación ONCE centrada na formación e o emprego das persoas con discapacidade, deron os primeiros pasos cara a próxima sinatura dun convenio de colaboración co obxectivo de fomentar a inclusión laboral das persoas con diversidade funcional no municipio.
O acordo acadouse nunha xuntanza na que participaron o alcalde de Carballo, Daniel Pérez; o concelleiro de Formación e Emprego, Iván Andrade; a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Maica Ures; a directora de Inserta Emprego Galicia, Beatriz Gallego, e o delegado da zona norte, Mauricio Martínez Balbís.
Mellora da cualificación
Inserta Emprego é a entidade da Fundación ONCE encargada de desenvolver programas de formación, orientación laboral e intermediación co tecido empresarial para favorecer o acceso ao mercado de traballo das persoas con discapacidade. A través da súa actividade promove oportunidades de emprego, mellora da cualificación profesional e sensibilización social sobre a importancia da inclusión laboral.
O convenio previsto co Concello de Carballo incluirá diferentes accións destinadas a mellorar a empregabilidade das persoas con diversidade funcional.
Entre elas figuran programas de formación e orientación na busca de emprego dirixidos ás persoas usuarias, accións formativas para os distintos departamentos municipais co fin de reforzar a atención ás persoas con diversidade funcional e iniciativas formativas orientadas ás empresas.
Compromiso coa igualdade
Pola súa banda, o Concello colaborará coa cesión de espazos municipais para o desenvolvemento das accións formativas previstas no marco deste acordo.
Con esta iniciativa, ambas entidades reforzan o seu compromiso coa igualdade de oportunidades e coa promoción dunha sociedade máis inclusiva, na que todas as persoas poidan acceder ao emprego en condicións de igualdade.
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Buena comida y gran ambiente en la primera Festa da Caza de Trazo
- Crónica social compostelana | Comida de confraternidad de la promoción del curso 1966-67 del Colegio La Salle