EDUCACIÓN
O profesorado del IES Fernando Blanco de Cee esixe respostas aos problemas estruturais do centro
Demandan "transparencia e prazos concretos" para solucionar as filtracións de auga e os problema de climatización

Profesores do IES Fernando Blanco, de Cee, concentrados diante do centro. / Cedida
O profesorado do IES Fernando Blanco de Cee volveu mobilizarse dentro da campaña Martes en loita, promovida polas Asembleas Abertas do Ensino Público, para denunciar que se segue sen dar resposta efectiva ás problemáticas denunciadas en xaneiro.

Teitos deteriorados no IES Fernando Blanco, de Cee. / Cedida
Aseguran que o centro e as súas persoas representantes continúan sen dispoñer de información concreta sobre o estado das xestións realizadas, os plans previstos ou os prazos estimados de actuación por parte de todas as Administracións responsables.
Por iso, solicitan "transparencia, claridade e canles de comunicación máis áxiles", dado que "continúa sen existir comunicación oficial adecuada sobre as medidas a poñer en marcha".

Humidades e goteiras nas aulas do instituto. / Cedida
Entre as problemáticas denunciadas, atópanse as filtracións de auga en diversas aulas, cubertas exteriores deterioradas ou problemas de climatización das instalacións.
Aínda que comprenden que algunhas actuacións poden levar tempo, consideran “imprescindible” dispoñer de información que permita ao centro "planificar o curso, organizar recursos e garantir o benestar do alumnado, persoal docente e non docente".

Falsos teitos deteriorados polas goteiras e humidades. / Cedida
A comunidade docente subliña que estas accións "non buscan confrontación", senón defender o dereito do alumnado a unha educación pública de calidade e reclamar os investimentos necesarios nun centro que forma parte do patrimonio educativo e histórico da Costa da Morte.
"O 140 aniversario do IES Fernando Blanco merecía ser un evento de felicidade e festexo. Continuaremos mobilizándonos ata garantir o dereito do noso alumnado a aprender nun centro seguro, moderno e acorde ao século XXI”, conclúen.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias