Deporte
Brión acollerá a undécima Andaina Terras de Altamira de sendeirismo o 23 de maio e con tres distancias
Inclúe percorridos de 16, 33 y 50 quilómetros, e as anotación arrincan o vindeiro 15 de marzo
Presentarase este vernes no polivalente local co actor Federico Pérez como padriño da proba

Unha anterior edición da Andaina Terras de Altamira en Brión / Cedida
O Concello de Brión acollerá a XI edición da Andaina Terras de Altamira o sábado 23 de maio de 2026. Trátase dunha cita xa consolidada no calendario galego do sendeirismo e que volverá reunir centos de participantes arredor do deporte, da natureza e da convivencia. Esta nova edición volverá ser proba oficial da Federación Galega de Montañismo, integrada na Liga Galega de Andainas e na Liga Ibérica de Sendeirismo.
A proba manterá o formato das últimas edicións, con tres distancias de 16, 33 e 50 quilómetros, co obxectivo de adaptarse a distintos niveis de esixencia física e seguir promovendo unha práctica deportiva aberta, participativa e non competitiva. A saída será conxunta para todas as modalidades e o percorrido conservará o formato en liña que caracteriza esta cita, nunha xornada pensada para combinar deporte, convivencia e posta en valor da contorna natural e patrimonial de Brión.
Boa traxectoria
A Andaina Terras de Altamira chega a esta undécima edición avalada por unha traxectoria que a sitúa como a proba máis multitudinarias da Liga de Andainas. Na anterior edición superouse a cifra simbólica das 1.000 persoas participantes, un récord para a proba e unha mostra da dimensión que foi gañando ano tras ano. Brión consolidouse así como un punto de encontro de referencia para o sendeirismo galego, capaz de mobilizar centos de persoas arredor dun mesmo reto e de converter camiños, montes e aldeas nun espazo compartido de esforzo, compañeirismo e orgullo de territorio.
A organización traballa xa nunha nova edición que busca reforzar o valor deportivo e social dunha proba convertida tamén nun escaparate do territorio brionés. Para iso, porá á disposición das persoas participantes unha ampla cobertura de servizos, entre eles bolsa do sendeirista, avituallamentos sólidos e líquidos, seguro de accidentes e responsabilidade civil, servizo médico e ambulancia, así como duchas, piscina cuberta e diploma e medalla de finalista. As inscricións estarán abertas do 15 de marzo ao 20 de maio a través da páxina web oficial da proba (www.andainaterrasdealtamira.org), onde tamén se poderá consultar toda a información relativa ás bases, percorridos, horarios e recomendacións prácticas.
Con Federico Pérez
Como antesala desta undécima edición, este venres 13 de marzo celebrarase a gala de presentación no Centro Social Polivalente do Concello de Brión. O acto comezará ás 20.30 horas, estará conducido por Federico Pérez, padriño da proba, actor e humorista galego cunha ampla traxectoria en televisión, cine e teatro; e servirá para dar a coñecer os detalles da mesma e algunhas das novidades desta nova edición.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias