Dolores Benilde Castaño despídese no seu 102 aniversario cun "de hoxe nun ano" dirixido ao rexedor de Valga
Veciña de Laxes, gustalle brindar con viño e interesouse polos proxectos municipais con rexedor
E a segunda residente máis veterana, despois de María Tarrío, de Eiras, que en setembro cumpriu 103

O alcalde de Valga, coa torta, na visita a Benilde Castaño, sentada coas flores / Concello
Dolores Benilde Castaño Bandín vén de celebrar o seu 102 aniversario como a segunda veciña máis veterana de Valga, nunha data sinalada para toda a familia e motivo de festa. Así se notaba no seu domicilio en Laxes, a onde acudiron moitos achegados a felicitala e a celebrar con ela: a súa nora, o seu neto, sobriños e primos, tanto de Valga coma doutras localidades próximas coma Dodro.
A esta familia sumáronse o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez, que agasallaron á centenaria cun ramo de flores e unha torta na que apagar as candeas. Non faltou tampouco un brinde, porque a Benilde aínda lle gusta tomar un chopo de viño a cotío. "Ao vela semella que por ela non pasan os anos. Faladora coma a que máis, conversou co alcalde sobre varios parentes e veciños de Valga e sobre algúns dos proxectos que se están a desenvolver no Concello", aportaban fontes municipais.
Casou en Cordeiro
Nada en 1924 na aldea de Beiro, Benilde trasladouse a Laxes, tamén en Cordeiro, cando casou. Tivo un fillo, tres netos e dous bisnetos e durante uns anos residiu tamén na cidade de Pontevedra, onde traballou como cociñeira e rexentou unha pensión para estudantes. É a segunda muller máis lonxeva de Valga, despois de María Tarrío, de Eiras, que no pasado setembro cumpriu 103 anos. A súa despedida do alcalde foi toda unha declaración de intencións: “De hoxe nun ano”, díxolle.
- Encuentran el cadáver de un hombre amarrado a una escalinata del puerto de Ribeira
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- Lavacolla, en caída libre: el aeropuerto pierde cerca de un tercio de su tráfico y 2.000 viajeros diarios
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla
- La grabación y difusión de clases estará prohibida por ley para toda la comunidad educativa en Galicia
- El Cristo de la Paciencia regresa a Conxo y pone el broche final a la Semana Santa compostelana