A Xunta mellorará o tráfico na vía AC-418 en Malpica cunha glorieta
Actuará na confluencia de accesos ao CEIP Milladoiro e ao centro cívico
Investiranse 330.000 € e ampliaranse tamén as beirarrúas

Belén do Campo, esquerda, e Eduardo Parga, cuarto pola esquerda, con técnicos e edís na zona onde se fará a glorieta. / Cedida
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, visitou este xoves o punto da estrada autonómica AC-418 no que a Administración autonómica prevé construír unha nova glorieta, cun investimento de máis de 330.000 euros.
A representante autonómica destacou que esta intervención permitirá reforzar a seguridade viaria nun treito especialmente transitado do núcleo urbano, no que conflúen o acceso ao CEIP Milladoiro, ao centro cívico e a varias rúas da localidade.
Segundo explicou, este tramo da AC-418 presenta unha recta de arredor de 200 metros e unha pendente descendente, circunstancias que, xunto co carácter máis interurbano da vía nos treitos previos, poden favorecer que os vehículos circulen a maior velocidade da permitida, fixada en 50 quilómetros por hora.
Para contribuír a moderar o tráfico e ordenar mellor os movementos de entrada e saída, o proxecto prevé transformar a actual intersección entre a AC-418, a rúa Ventorrillo, a rúa Canido e o acceso ao centro educativo mediante a construción dunha glorieta situada arredor do punto quilométrico 15+470.
A nova infraestrutura disporá dun anel exterior cun radio de 14 metros e dun anel interior de 8 metros de diámetro, executado en formigón e cun pequeno espazo verde no seu interior.
A actuación tamén contempla adaptacións nos accesos próximos á glorieta para garantir a correcta integración da infraestrutura. En concreto, actuarase na rúa Canido nun treito aproximado de 10 metros e no acceso ao CEIP Milladoiro nunha lonxitude duns 20 metros.
No marco destas obras renovaranse tamén as beirarrúas, que terán un ancho próximo aos tres metros e pavimento de louseta, co obxectivo de manter a continuidade dos itinerarios peonís xa existentes.
O proxecto incorpora ademais diferentes medidas para mellorar a accesibilidade e a seguridade peonil, como a instalación de pavimento podotáctil nos pasos de peóns, a reposición da parada de autobús situada antes da entrada á glorieta e o reforzo da iluminación na contorna.
En canto á calzada, executarase pavimentación con aglomerado en quente nas zonas que actualmente carecen de firme e adaptarase o sistema de drenaxe á nova configuración da intersección. As obras completaranse coa correspondente sinalización horizontal e vertical.
A delegada da Xunta sinalou que esta actuación permitirá mellorar notablemente a funcionalidade deste punto da AC-418 e incrementar a seguridade tanto para os vehículos como para os peóns, especialmente para a comunidade educativa do CEIP Milladoiro e para a veciñanza da zona.
- Nuevo cierre en el comercio de Santiago: entra en concurso de acreedores y se despide tras más de 20 años en el Ensanche
- El 'Mercado da arte' aterriza en Área Central: más de 80 artistas, música en directo y piezas únicas este fin de semana
- Galicia abre la puerta de la vivienda pública a miles de gallegos más con prioridad para las familias jóvenes con hijos
- Las tres grandes orquestas de Galicia, juntas en un pueblo de menos de 200 vecinos cerca de Santiago
- Así es la casa de Santiago que opta a los Premios Arquitectura 2026: 'No busca ocultar ni sustituir lo existente
- Un camión queda atrapado debajo de Área Central por no respetar la altura máxima del paso subterráneo
- La previsión del ministro de Transportes sobre la apertura total de la autovía A-54 entre Santiago y Lugo: 'Próximamente
- Alcaldes y patronal de Arzúa y Melide claman por un fin de obras en la A-54 que no ven próximo