Sete artistas e tres espectáculos vinculados con Ames optan aos Premios de Teatro María Casares
Entre os candidatos figuran Alonso Caxade, Pablo Reboleiro, Marta Alonso Tejada, Rafa R. Martínez, Miguel Gendre, Laura Pouso e Josito Porto

Alonso Caxade é candidato ao premio Mellor espazo sonoro polo seu traballo na obra 'Reconversión'. / Cedida
Redacción
A cultura de Ames está de celebración, tras coñecerse que 7 artistas e 3 espectáculos con relación directa co concello están nomeados aos Premios de Teatro María Casares. A gala será no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o 8 de abril.
A lista de nomeados amesáns comeza con Alonso Caxade. O músico é candidato ao premio Mellor espazo sonoro polo seu traballo na obra Reconversión, de Ibuprofeno Teatro (que ten 11 nomeamentos).
Pablo Reboleiro, nas categorías de Espectáculo, Dirección e Texto orixinal, e Marta Alonso Tejada, na de Dirección de movemento, son outros dos representantes de Ames, logo do seu traballo en A serie clopen, do Centro Dramático Galego.
Rafa R. Martínez, en Espectáculo, Dirección e Espazo escénico, e Miguel Gendre e Laura Pouso, tamén en Espazo escénico, terán opcións de levar algún galardón en cadansúas categorías pola obra TROMSØ, de Morraoconto.
E o artista amesán Josito Porto opta ao premio ao Mellor actor secundario polo seu papel en Mofa&Befa: Os dous de sempre, de Producións Teatrais Excéntricas.
Ademais dos artistas mencionados, o Concello de Ames tamén terá representación mediante actrices e obras indirectamente vencelladas ao municipio. A través de Talía Teatro, compañía que dirixe e imparte a formación da Escola de Teatro de Ames, estará a amesá María Ordoñez, non como nomeada, pero si como parte do elenco da obra Un deus salvaxe.
Un caso similar é o de Luz García, que sen estar nomeada, forma parte do elenco da obra A serie Clopen, do Centro Dramático Galego. Tamén están nomeadas Berenguela na gaiola, de Galeatro e Xarope Tulú, e O libro da selva, o musical, de Ártika Cía. Ambas as representacións forman parte da programación infantil de Ames neste primeiro semestre de 2026.
- Nuevo cierre en el comercio de Santiago: entra en concurso de acreedores y se despide tras más de 20 años en el Ensanche
- El 'Mercado da arte' aterriza en Área Central: más de 80 artistas, música en directo y piezas únicas este fin de semana
- Galicia abre la puerta de la vivienda pública a miles de gallegos más con prioridad para las familias jóvenes con hijos
- Las tres grandes orquestas de Galicia, juntas en un pueblo de menos de 200 vecinos cerca de Santiago
- Así es la casa de Santiago que opta a los Premios Arquitectura 2026: 'No busca ocultar ni sustituir lo existente
- Un camión queda atrapado debajo de Área Central por no respetar la altura máxima del paso subterráneo
- La previsión del ministro de Transportes sobre la apertura total de la autovía A-54 entre Santiago y Lugo: 'Próximamente
- Alcaldes y patronal de Arzúa y Melide claman por un fin de obras en la A-54 que no ven próximo