Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Benvida social a Liam, primeiro en ter un bautizo civil en Ames

Unha vez finalizado o acto, que foi oficiado polo alcalde, Blas García, no Pazo da Peregrina, contraeron matrimonio os pais do neno

O alcalde de Ames, Blas García, dereita, amosa a primeira acta de Benvida Social no bautizo civil de Liam.

O alcalde de Ames, Blas García, dereita, amosa a primeira acta de Benvida Social no bautizo civil de Liam. / Cedida

Ames

O alcalde de Ames, Blas García, oficiou este domingo no Pazo da Peregrina o primeiro bautizo civil no municipio, nun acto de Benvida Social, como se denomina oficialmente. Liam, que así se chama o cativo, inaugura así o rexistro deste tipo de cerimonias despois de que a Corporación aprobara a ordenanza reguladora en xuño de 2025.

O rexedor leu ante os invitados seis artigos da convención sobre os dereitos dos nenos e as nenas, entre eles, á vida, á alimentación, ao vestido, a un lugar seguro onde vivir, a expresar a súa opinión sobre os asuntos que lles afectan, a recibir educación e a mellor atención sanitaria posible, ao descanso, a relaxarse, a xogar...

Pero eses artigos recollen tamén as obrigas dos pais e nais, como a de escoitar os nenos e tomalos en serio e responsabilizarse da súa crianza, e dos gobernos, que deben asegurar que os nenos sobrevivan e medren en todo o seu potencial e axudar as familias que o precisen no acceso á sanidade e á educación dos cativos.

Esta Benvida Social, carente de efectos civís, busca dar resposta á solicitude de moitos veciños que demandaban unha cerimonia laica para presentar os seus fillos ante a sociedade e os seus achegados.

Tras unhas emotivas palabras dos padriños, asinouse a acta... e comezou unha nova cerimonia civil, na que os pais de Liam contraeron matrimonio.

TEMAS

Tracking Pixel Contents