Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O instituto de Negreira ‘arrasa’ nas tres probas dun reto matemático en galego

Os equipos do IES Xulián Magariños gañaron un concurso no que competiron tamén o IES do Milladoiro e o IESP de Ames

Gañadores do certame, no acto celebrado no auditorio de Negreira.

Gañadores do certame, no acto celebrado no auditorio de Negreira. / Cedida

Redacción

Negreira

A auditorio Afonso Eanes de Negreira acolleu a final da primeira edición do concurso matemático πlleite!, impulsado polos equipos de dinamización lingüística do IES do Milladoiro, do IESP de Ames e do IES Xulián Magariños, de Negreira, en colaboración con profesorado de Matemáticas.

O proxecto nace co obxectivo de promover o uso do galego tamén nas matemáticas e demostrar que a lingua é unha ferramenta plenamente válida para pensar, explicar e comunicar coñecemento matemático.

Tres alumnas durante unha das probas.

Tres alumnas durante unha das probas. / Cedida

Esta primeira edición do concurso desenvolveuse entre outubro e febreiro. O alumnado participante reuniuse unha vez ao mes nos seus centros para resolver retos matemáticos durante os recreos. Os equipos, formados por dúas ou tres persoas e organizados en tres niveis (1º e 2º da ESO, 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato) debían traballar de maneira cooperativa para atopar a solución aos desafíos propostos.

Pero o concurso non se limitaba á resolución dos problemas. Cada equipo debía elaborar tamén un vídeo ou podcast en galego no que explicase o proceso seguido para resolver o reto, as estratexias empregadas e o razoamento matemático utilizado.

A proba decisiva consistiu nun Escape Room matemático, no que os finalistas tiveron que resolver retos lóxicos e matemáticos para avanzar nas probas.

Os grupos do IES Xulián Magariños resultaron finalmente vencedores nos tres niveis desta primeira edición. A xornada estivo amenizada por Brais Fernandes e Paula Fontao.

Tracking Pixel Contents