Ponteceso reforza o equipamento do grupo de emerxencias coa reposición de traxes de rescate técnico e forestal
O Concello mellora a protección dos efectivos para actuar en distintas tipoloxías de intervención, desde incendios forestais ata rescates

José Manuel Mato, segundo pola dereita, con efectivos do GES de Ponteceso. / Cedida
O Concello de Ponteceso iniciou a reposición dos traxes de rescate técnico e forestal destinados ao persoal operativo do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), co obxectivo de garantir que os efectivos dispoñan do equipamento axeitado para desenvolver o seu traballo nas mellores condicións de seguridade e eficacia.
Esta actuación enmárcase na planificación municipal de reforzo dos medios materiais do servizo e de mellora da seguridade operativa, en liña coas medidas de organización, prevención e dotación de equipamentos que o Concello vén impulsando no GES.
Os traxes de rescate técnico e forestal constitúen unha peza fundamental do equipamento operativo do grupo, ao estar destinados a ofrecer protección en distintas tipoloxías de intervención, desde incendios forestais ata rescates, asistencias en emerxencias e outras incidencias nas que resulta imprescindible contar cunha protección técnica específica.
O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, destacou que “é necesario seguir dotando ao GES dos medios e equipamentos necesarios para que os profesionais que integran o servizo poidan desenvolver o seu labor coas máximas garantías”.
Neste sentido, lembrou tamén que “a intensa campaña de incendios do verán de 2025 puxo de manifesto, unha vez máis, a importancia de contar con servizos de emerxencias ben preparados e correctamente equipados para facer fronte a situacións de especial complexidade”.
Desde o Concello sublíñase que esta reposición dá continuidade á liña de traballo desenvolvida para mellorar a organización interna do servizo, reforzar a prevención de riscos laborais e avanzar na dotación de medios do GES, un recurso esencial na resposta inmediata ante situacións de risco ou emerxencia.
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Buena comida y gran ambiente en la primera Festa da Caza de Trazo
- Crónica social compostelana | Comida de confraternidad de la promoción del curso 1966-67 del Colegio La Salle