COMERCIO
Dez carriños de compra como premio á fidelidade ao mercado municipal de Carballo
A iniciativa busca reforzar o seu papel como espazo de encontro e promover o consumo responsable e de proximidade

Jorge Brandón, esqda., Ángeles Bello, Daniel Pérez e Ramón Varela presidiron o sorteo. / C. C.
O mercado municipal de Carballo segue a consolidarse como o referente do comercio de proximidade na comarca. Co gallo do Día Mundial das Persoas Consumidoras, que se celebra o 15 de marzo, a praza de abastos acolleu o sorteo de dez carriños da compra, unha iniciativa deseñada para incentivar o consumo responsable e agradecer a confianza da clientela que aposta polo produto fresco e o trato personalizado.
Ao acto asistiron o alcalde de Carballo, Daniel Pérez, e o concelleiro de Feiras e Mercados, Ramón Varela. Ángeles Bello, presidenta da asociación A Praza, exerceu como man inocente, co apoio de Jorge Brandón.
Os dez afortunados e afortunadas, que xa poden pasar recoller o seu novo aliado para facer as súas compras, son: Jesús Lourido Martínez, Ana Pena Pombo, María Fernández Gerpe, Celia Loureiro Andrade, Carmen Andrade Facal, Manuel Varela, Carmen Mato Torres, Valentina Iglesias Fidalgo, Carmen Calvo Lema e María Luisa García Muiño.
Unha estratexia de dinamización constante
O sorteo forma parte do calendario anual de dinamización do mercado. O obxectivo do Concello e dos propios praceiros é reforzar o papel da praza como un espazo de encontro vivo e sustentable.
"Mercar no mercado non só garante a calidade de "quilómetro cero", senón que supón un acto de responsabilidade ambiental ao reducir o uso de envases e apoiar a economía das familias da zona", subliñan.
Desde o Concello e a Asociación A Praza agradecen a excelente acollida da campaña, que encheu a urna de papeletas para o sorteo, e lembran que mercar no mercado municipal "é a mellor forma de garantir un consumo consciente e de calidade durante todo o ano".
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas