Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ARTESANÍA

A olería de Buño volve compartir pasarela cos encaixes en Camariñas

Feituras, O Rulo, Alfarería la Cacharrera e Risco Estudio conxugarán a tradición e a vangarda

Catro talleres oleiros de Buño levarán as súas pezas con encaixe á pasarela.

Catro talleres oleiros de Buño levarán as súas pezas con encaixe á pasarela. / Cedida

Camariñas

A olería de Buño lucirá de novo na pasarela da Mostra do Encaixe de Camariñas, que contará coa presenza de Feituras, O Rulo, Alfarería la Cacharrera e Risco Estudio, nos desfiles da categoría de ArtEncaixe, combinando as puntillas coas pezas de barro destes catro talleres de oleiras e oleiros.

Peza de olería de Buño con encaixes de Camariñas.

Peza de olería de Buño con encaixes de Camariñas. / Cedida

«Un ano máis valoramos moito que conten con nós, xa que é un orgullo e un reto participar no ArtEncaixe, un reto maiúsculo posto que as pezas son feitas en exclusiva para o desfile», comenta María Canedo, de Feituras.

Existen estilos moi diferentes, engade, «e mantemos as formas e pezas tradicionais, pero somos conscientes de que hai que avanzar cos tempos e innovar. É bo buscar novas decoracións e continuar sen perder a nosa esencia».

Olería de Buño e puntillas de Camariñas.

Olería de Buño e puntillas de Camariñas. / Cedida

María Canedo asegura que «o máis tradicional non está pelexado coa vangarda, e participar neste desfile permítenos dar a coñecer os diferentes estilos que se poden atopar en Buño, á vez que tamén é unha porta aberta para amosar a fermosa convivencia de dúas artesanías tan distintas como son a cerámica e o encaixe».

TEMAS

Tracking Pixel Contents