MEDIO AMBIENTE
Unha "sopa de microplásticos e refugallos" na praia de Nemiña, en Muxía
A asociación Mar de Fábula mobilizou 21 voluntarios que retiraron 795 kilos de lixo

Voluntarios con parte do lixo que recolleron na praia de Nemiña, en Muxía. / Mar de Fábula
A praia de Nemiña (Muxía), unha das xoias da Costa da Morte e cuna do surf, recibiu a 21 persoas voluntarias mobilizadas pola Asociación Mar de Fábula para liberala de parte do lixo acumulado ao longo do inverno.
Só puideron abarcar unha pequena parte da praia, a da zona norte, "xa que o lixo acumulado nos fixo imposible avanzar máis", afirma Virginia Barros, presidenta de Mar de Fábula.

Lixo acumulado na praia de Nemiña, en Muxía. / Mar de Fábula
"Semellaba ser a praia dos microplásticos", engade. Entre pélets, "moi probablemente procedentes a maioría da xá esquecida herdanza do buque Toconao e anaquiños de plásticos que nalgún tempo formaron parte dun todo, as diferentes liñas da marea eran unha sopa de contaminación, vómitos do mar ante a inxesta plástica desorbitante á que o sometemos", subliña Barros.
Apañaron o lixo máis grande: 795 quilos. "Non fomos capaces de abarcar cos nosos medios o refugallo pequeno e micro", sinala.
Por iso, dende o colectivo fan unha "chamada de axuda" á Consellería de Medioambiente, conscientes de que "facemos a nosa parte, pero o mar é de todos e o problema da súa saúde tamén".

Microplásticos no areal de Nemiña, en Muxía. / Mar de Fábula
Entre os voluntarios que se sumaron á xornada de limpeza estaban unha parella de Tenerife que visitaba a zona, e Miguel e familia, xerente do restaurante Saburil, ubicado ao pé de praia "e tremendamente afectado de elementos contaminantes nas súas inmediacións", subliña a presidenta de Mar de Fábula.
Limpeza en Lires
O lixo recollido deixárono ben estibado para que o recollan os operarios do Concello de Muxía, ao que a asociación agradece o apoio loxístico.
Se o tempo o permite, as mans voluntarias de Mar de Fábula volverán a baixar a area o vindeiro sábado para limpar a zona colindante de Lires (Cee).
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas