SECTOR PRIMARIO
Ana Pontón pide á Xunta axudas para o sector agrogandeiro e un «prezo xusto» do leite
Visitou a Granxa Pazos, de Mazaricos, na que ampliaron a produción cunha marca propia de xeados

Ana Pontón na Granxa Pazos, de Mazaricos. / Cedida
A portavoz do BNG, Ana Pontón, durante a súa visita a Mazaricos reclamou á Xunta axudas directas ao sector agrogandeiro para afrontar o aumento dos custos de combustibles, fertilizantes e todo o que ten que ver coa alimentación animal. Unha medida que considera «urxente dado o contexto inflacionista a consecuencia da guerra en Irán».
Así mesmo, avogou pola estrita aplicación da Lei de cadea alimentaria para garantir un prezo xusto para que os produtores «non teñan que producir a perdas», e por que non entre en vigor o acordo con Mercosur.

Ana Pontón cunha tenreira na Granxa Pazos, de Mazaricos. / Cedida
Pontón visitou en Mazaricos, xunto ao alcalde, Juan Blanco, a Granxa Pazos, unha explotación leiteira que ademais fai transformación do produto cunha marca de xeado propio.
«A pesar deste bo facer dos produtores e produtoras galegas», advertiu Pontón, «o prezo do leite foi en 2025 o máis baixo de todo o Estado», o que considera unha «inxustiza» . Pregúntase «como pode ser que os nosos gandeiros produzan un leite de primeira, pero lles estean pagando os prezos máis baixos do Estado?».

Ana Pontón e o alcalde Juan José Blanco, no centro, na Granxa Pazos, de Mazaricos. / Cedida
A líder nacionalista advertiu que "a situación aínda pode empeorar xa que a industria está trasladando aos produtores que a negociación dos próximos contratos será á baixa, cun recorte de até oito céntimos por litro".
Así pois, neste punto emprazou a Rueda a "poñerse á fronte" e liderar un modelo no que se lle paguen uns prezos xustos a produtores e produtoras, para o que considerou clave recuperar a Mesa do Leite, "sentar a industria cos gandeiros e que se negocie un prezo xusto para un leite de máxima calidade", subliñou.
Mobilizar terras
Por outra banda, defendeu a proposta do BNG para mobilizar terras co obxectivo de ampliar a superficie das explotacións agrogandeiras, en total, 100.000 hectáreas de aquí ao 2030, "o que melloraría dunha maneira moi importante a competitividade do sector e evitaríase ter terreos en desuso", afirmou.
Por último, urxiu á Xunta a resolver "dunha vez por todas" as axudas de 2025 para a incorporación de mozos e mozas á actividade gandeira que seguen sen ser resoltas cando, por riba, en Galicia existe un problema moi grave de relevo xeracional, xa que só o 3,5% das explotacións teñen á fronte a unha persoa menor de 35 anos".
Camiños rurais
A portavoz nacional tamén se referiu á necesidade concreta do sector en Mazaricos á hora de contar con infraestruturas de calidade, tamén nuns camiños rurais que sufriron un deterioro moi importante logo das borrascas rexistradas nos últimos meses.
Advertiu que "o arranxo total destes camiños significaría un investimento de moitos millóns de euros que un concello da dimensión do de Mazaricos non podería acometer", polo que avanzou que o Bloque vai levar unha iniciativa ao Parlamento galego para que a Xunta habilite un crédito extraordinario para os concellos, que permita arranxar toda a rede de camiños rurais afectada polos temporais.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias