PATRIMONIO
Camariñas licita as obras para transformar a antiga lonxa no Museo dos Naufraxios
O investimento, de 430.000 euros, permitirá abrir ao público a Sala de Exposicións Beti Donosti

Recreación virtual do futuro Museo dos Naufraxios de Camariñas. / Cedida
O Concello de Camariñas iniciou este martes a contratación do novo proxecto para a primeira fase do Museo dos Naufraxios na que se abrirá ao público a Sala de Exposicións Beti Donosti. O orzamento total da actuación ascende a 430.000 euros, dos que a Deputación da Coruña aporta, a través dunha subvención nominativa, o 76,7% (330.000 euros).
Alto valor sentimental
Este novo proxecto, que sufriu modificacións con respecto ao inicial, é o resultado da loita do Concello para poder rehabilitar o inmoble da antiga lonxa, «debido ao seu alto valor sentimental, demostrando que estruturalmente estaba en condicións de renovarse tras recibir un informe onde se recomendaba o seu derrubamento», afirman dende o goberno local.
Consolidación da estrutura
O proxecto consiste na reparación e consolidación dos elementos estruturais do edificio, así como das obras de reforma da envolvente exterior do mesmo. Inicialmente rehabilitarase unicamente unha zona da planta baixa, e nunha segunda fase acondicionarase o interior do museo, na que se deseñará e se compartimentará a planta alta.
O prazo de recepción de ofertas remata o día 4 de abril.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- Falece na entrada de Santiago un peregrino por un paro cardíaco