OCIO CULTURAL
Música, rutas interpretativas, obradoiros e un retiro para 'reconectar' no cámping Lago Mar de Muxía
Bigblack Rhino, Mabel Flores, Coídos, Salitre e Lontras protagonizarán os concertos

Vista aérea do cámping Lago Mar, de Muxía. / Cedida
O Cámping Lago Mar de Muxía, xestionado pola cooperativa cultural Horta Creativa, reabrirá as súas portas o 27 de marzo, e dará á benvida á nova tempada cunha foliada libre e pinchos para todos e todas as asistentes, que terá continuidade nos meses de marzo e abril con concertos, obradoiros, actividades na natureza, charlas en vivo e o Retiro Reconectar.
A música volverá a ser a columna vertebral da programación neste 2026, xa que este ano o cámping é un dos espazos participantes do circuíto Girando por Salas. Nese marco, o día 17 de abril ás 21.00 horas, acollerá o concerto de Bigblack Rhino, un quinteto que mestura a dozura do soul e o blues coa acidez do rock and roll, cunha aposta explosiva no escenario, o que lles ten levado a xirar por toda a xeografía española. A entrada ten un prezo de 5 euros e inclúe unha tapa especial.
Tamén visitará o camping a cantautora Mabel Flores coas súas letras cheas de forza e compromiso social, e unha mestura de xéneros que van dende o pop aos sons máis urbanos e a canción de autor. A cita é o 2 de abril ás 13.00 horas.
Polo escenario pasarán así mesmo o dúo Coídos o 5 de abril ás 13.00 horas; a música animada e desenfadada de Salitre, o 10 de abril ás 20.00 horas; e o pop alternativo e psicodélico de Lontras, que presentará no Lago Mar o seu álbum debut. Todos estes concertos teñen acceso con entrada inversa.
Obradoiros
O programa inclúe dous obradoiros en abril. Un será de modelado en barro con María Barca (Crúa). A sesión será o día 14 ás 18.30 horas e nel se fará todo o proceso de modelar unha peza usando barro de Buño. O prezo é de 38 euros/persoa.
O outro será un obradoiro de debuxo a lápiz con Laura Romero, no que a mestra ensinará as principais técnicas para perderlle o medo ao papel e gozar da creatividade. Será o día 25 ás 18.00 horas e ten un prezo de 15 euros/persoa. Para participar é necesario inscribirse en info@campinglagomar.es
Actividades na natureza
Para celebrar a chegada da primavera haberá dúas actividades na contorna. A primeira será unha Ruta Interpretativa do Camiño dos Faros con Rafael Lema, que irá dende a Ponte do Porto ata o cámping. Será o 2 de abril ás 10.00 horas e a participación é gratuíta, pero é necesario inscrición previa en info@campinglagomar.es.
E o día 18, a partir das 10.00 horas, haberá unha nova Xornada de plantas silvestres comestíbeis con sabores espontáneos. Será unha ruta para aprender a identificar plantas silvestres da Costa da Morte que se poden comer, e ao regreso impartirase un showcooking e unha degustación dos pratos preparados. Ten un prezo de 29 euros por persoa, e hai que inscribirse.
Ioga e brunch
Os domingos de ioga e brunch regresan esta tempada. As sesións en abril serán o día 5, a partir das 10.00 horas, con Nuria Calzas; o día 19 con Lila Búa, quen impartirá tamén unha sesión de PowerFit e brunch o día 12 á mesma hora. E o domingo 26 será mañá de brunch. Estas actividades requiren tamén de inscrición previa.
Podcast Antonte e Pasadomañá
A cooperativa Horta Creativa lanzou o ano pasado o seu podcast Antonte e Pasadomañá, no que se tratan temas ligados á Galicia e á Costa da Morte da man de convidados que guían aos oíntes a través dos cambios que viviu o territorio, e tratan de adiviñar o que estar por vir.
Entre marzo e abril haberá tres charlas ás que se poderá asistir libremente. Na primeira, o 28 de marzo ás 12.00 horas Fernando Patricio abordará historias de naufraxios na Costa da Morte, e o 2 de abril ás 16.00 horas divulgarán as marabillas e curiosidades do Camiño dos Faros.
O 4 de abril ás 18.00 horas Prado Rúa e Leila Fernández, do Fadiado Podcast, falarán de cultura en Galicia.
Exposición de ilustracións
Ademais, entre o 27 de marzo e o 30 de abril poderase visitar a exposición de ilustracións que a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) prepará no cámping.
Retiro Reconectar
O cámping tamén acollerá un evento especial ao que xa é posible apuntarse: a cuarta edición do Retiro Reconectar coa mestra Rocío Cervino. Serán catro días na Costa da Morte, desconectados do mundo exterior e enfocados no benestar, na relaxación e o autocoñecemento.
Haberá paseos na natureza, ioga e meditación, dinámicas para aprender a habitar a calma e entenderse mellor cun mesmo, música en vivo, e tempo para o lecer aos pés do océano. O retiro inclúe aloxamento nos bungalows do camping, así como os almorzos, comidas e ceas.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias