Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

OBRADOIROS

Un Paso Máis achega ás familias ferramentas para manexar as condutas disruptivas

O psiquiatra Juan Carlos del Valle ofrecerá unha nova sesión formativa o 11 de abril en Carballo

Obradoiro impartido por  Silvina Lema, mestra e presidenta de Disciplina Positiva España.

Obradoiro impartido por Silvina Lema, mestra e presidenta de Disciplina Positiva España. / Cedida

Carballo

A asociación Un Paso Máis pechou un exitoso ciclo de obradoiros familiares no Casino de Carballo, logrando colgar o cartel de aforo completo. A cita estivo centrada no manexo das condutas disruptivas da man de Silvina Lema, mestra de educación infantil e presidenta de Disciplina Positiva España.

Os asistentes puideron dotarse de solucións e ferramentas prácticas para aplicar de xeito sinxelo no día a día na casa. Ao remate, "as familias mostraron a súa enorme satisfacción cos resultados da sesión, manifestando abertamente o seu desexo de repetila noutra ocasión", afirma Valentín Costa, directivo da asociación.

Un Paso Máis xa ten fixada unha nova cita formativa para o sábado 11 de abril. O psiquiatra Juan Carlos Díaz del Valle, abordará disertará sobre A medicación, para que serve e para que non.

Para facilitar a asistencia e a conciliación familiar, habilitarase un servizo de canguraxe apoiado polo equipo de O Recreo animación, o que permitirá que as nais e pais poidan desfrutar da charla con tranquilidade mentres os máis pequenos se divirten.

Participantes no torneo de xadrez cos seus monitores Adrián e Valentín.

Participantes no torneo de xadrez cos seus monitores Adrián e Valentín. / Cedida

Na fin de semana tamén se desenvolveu unha nova actividade extraescolar de xadrez educativo. Os nenos e nenas que participan nesta iniciativa, impartida por Un Paso Máis no CEIP Plurilingüe A Gándara - Sofán e organizada pola ANPA Raiante, desprazáronse ata Laracha para disputar a fase local do programa Xogade.

Aprender xogando

Acompañados polos seus monitores, Adrián e Valentín, o grupo gozou dunha estupenda tarde de diversión e camaradería. De premio, trouxeron para a casa tres medallas de prata nas categorías que participaron: sub-10, sub-12 e sub-14.

Con todo, desde a asociación destacan que "a verdadeira vitoria radica na propia experiencia vivida e compartida entre os rapaces", considerando os resultados no taboleiro como algo totalmente anecdótico en comparación co valor de aprender xogando.

Tracking Pixel Contents