O escritor Fran Fernández recibe un Premio Camilo José Cela dotado con 1.500 euros e estatuiña en Padrón
O rexedor Anxo Arca lembrou a versatilidade dun escritor de Nigrán que tamén gañou o certame Rosalía de Castro
O acto, celebrado na sede da fundación adicada ao nóbel, rematou cun concerto de música de piano, saxo e trompeta

Covadonga Rodríguez, pola esquerda, con Fran Fernández e Anxo Arca na entrega do premio Cela / Concello
Fran Fernández Dávila vén de recibir o 35 Premio literario Camilo José Cela, dotado con 1.500 euros e unha estatuilla co busto do premio Nóbel. Os encargados da entrega foron o alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a directora da Fundación Cela, Covadonga Rodríguez.
Precisamente, Arca destacou as aportacións deste escritor e enxeñeiro industrial de Nigrán na súa obra ‘A lingua dos ósos’. Tamén lembrou a versatilidade de Fran Fernández, que xa gañara o certame de poesía Rosalía de Castro. Pola súa banda, Fran Fernández amosouse “inmensamente feliz e agradecido” ao recoller un premio “tan prestixioso”, e volveu dar ás grazas ao Concello de Padrón “polo seu compromiso inquebrantable coa cultura e por manter vivo este premio ano tras ano”. Así mesmo, resaltou que entre os 168 relatos presentados ao certame “gañase un escrito en galego”.
Na sede
O acto, celebrado na sede da Fundación Cela, rematou cun concerto de música de piano, saxo e trompeta ofrecido por Natalia, Martiño e Raúl, que forman parte da Escola de Música Municipal de Padrón.
- Nuevo cierre en el comercio de Santiago: entra en concurso de acreedores y se despide tras más de 20 años en el Ensanche
- El 'Mercado da arte' aterriza en Área Central: más de 80 artistas, música en directo y piezas únicas este fin de semana
- Galicia abre la puerta de la vivienda pública a miles de gallegos más con prioridad para las familias jóvenes con hijos
- Las tres grandes orquestas de Galicia, juntas en un pueblo de menos de 200 vecinos cerca de Santiago
- Así es la casa de Santiago que opta a los Premios Arquitectura 2026: 'No busca ocultar ni sustituir lo existente
- Un camión queda atrapado debajo de Área Central por no respetar la altura máxima del paso subterráneo
- La previsión del ministro de Transportes sobre la apertura total de la autovía A-54 entre Santiago y Lugo: 'Próximamente
- Alcaldes y patronal de Arzúa y Melide claman por un fin de obras en la A-54 que no ven próximo