MAR
A Xunta modifica o plan de marisqueo de Camariñas para que as profesionais poidan cobrar prestacións
BNG e PSOE critican a demora de dous meses en resolver a petición da confraría

Mariscadores faenando, anos atrás, nun dos bancos marisqueiros de Camariñas. / Cedida
A Consellería do Mar aprobou a proposta para modificar o plan de xestión marisqueiro na ría de Camariñas e declarar o cese de actividade por causas de forza maior, debido á falta de recursos. Unha medida que abre as portas para que as mariscadoras locais poidan acceder ao cobro de prestacións do Réxime Especial do Mar.
BNG: "Tomadura de pelo"
A decisión motivou un intenso debate este martes na Comisión de Pesca do Parlamento, na que o deputado do BNG Óscar Insua a cualificou de «tomadura de pelo» por parte da Xunta, «pois a Consellería do Mar tardou 2 meses en resolver a modificación do plan, e fíxoo xusto o día despois de que o BNG rexistrase unha iniciativa para debater o asunto», dixo.
Unhas críticas ás que se sumou a deputada socialista Patricia Iglesias, quen denunciou a tardanza na aprobación.
Pola súa banda, a deputada e voceira do PP en Camariñas, Paula Prado, sinalou que «cando vostedes presentaron a iniciativa -en referencia ao BNG- xa se estaba traballando e tramitando a modificación do plan».
Criticou ademais a actitude da oposición por ser moi esixente coa Xunta e condescendente co Goberno central.
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas