TURISMO
A Asociación de Astroturismo da Costa da Morte presenta un manual de miradoiros astronómicos
Recolle as características que deben cumprir os espazos de observación do ceo nocturno e a sinalización

Xosé Regueira, esquerda, Ada González e José Muíño presentando o manual. / D. C.
O Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños, acolleu a presentación do Manual de Miradoiros Astronómicos elaborado pola Asociación de Astroturismo da Costa da Morte.
Ao acto sumáronse, entre outros o vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; o alcalde cabanés, José Muíño; o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal; representantes de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e doutras entidades, empresarios e monitores Starlight.
Pautas sobre o bo facer
A publicación é un documento de consulta e nace para orientar sobre os pasos a seguir no territorio constituído como Destino Starlight.
Consta de seis epígrafes. Ofrece unha introducción ao concepto Starlight, continúa coas certificacións, destaca as diferenzas entre miradoiros e recolle as pautas sobre o bo facer e as malas praxes a evitar, sen esquecer o apartado destinado á sinalización.
A maioría das fotografías foron aportadas polo astrofotógrafo DrewKorme, a maquetaxe correu a cargo da deseñadora gráfica Raquel Gerpe, e da redacción encargouse Ada González, técnica de Turismo e directiva da asociación.

Asistentes ao acto de presentación do manual de miradoiros astronómicos. / Cedida
Ada González sinalou que para establecer os emprazamentos dos miradoiros astronómicos "hai que facer un traballo de campo nocturno, pois é cando se vai poder saber se existe ou non contaminación lumínica directa ou indirecta que poida afectar ao desfrute da experiencia astroturística".
Subliñou ademais que estes miradoiros "non precisan de filtros, nin de maquillaxe, todo o contrario. Deben ser o máis naturais posible, pois iso é o que busca un astroturista: gozar do ceo estrelado e sen contaminación lumínica".
A este respecto, o alcalde de Cabana, José Muíño, subliñou que "cambiar as lámpadas dun concello, a parte de contaminar menos luminicamente, supón un aforro económico importante co que se poden investir eses cartos en facer outras cousas".
Observación do ceo nocturno
Xosé Regueira subliñou que o turismo debe entenderse tamén como unha actividade económica que xera oportunidades no territorio e que require dunha estrutura profesional e empresarial ao seu redor.
«Cando falamos de turismo falamos de negocio. Nós estamos tamén para darlle servizo ás persoas que viven do turismo: hostalaría, hoteleiros, persoal técnico...», afirmou.
Iniciativas de formación
Destacou tamén o potencial do astroturismo como un subsector con capacidade para xerar actividade económica no territorio. Neste sentido, lembrou que a Deputación está a impulsar iniciativas de formación, como a capacitación de guías Starlight, co obxectivo de estruturar unha oferta turística ao redor da observación do ceo nocturno.
Incidiu tamén na importancia de que o selo Starlight se traduza en iniciativas concretas que melloren tanto a experiencia turística como a protección do ceo nocturno. Ao respecto, puxo en valor o traballo da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte e destacou a súa contribución á planificación das políticas públicas neste ámbito.
Eclipse de sol
Segundo explicou, a participación da entidade en FITUR —acompañando a Deputación da Coruña— e as reflexións expostas polo colectivo levaron área de Turismo provincial a reorientar a súa estratexia con motivo da eclipse total de sol prevista para o 12 de agosto.
Así, a institución provincial decidiu priorizar accións de sensibilización e seguridade no territorio ante a previsión de grande afluencia de persoas visitantes.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- Falece na entrada de Santiago un peregrino por un paro cardíaco