Festas de San Xosé do Milladoiro
O Milladoiro adíase á Semana Santa coa festa de San Xosé
Esta noite actuarán Grupo La Bamba e a discoteca móvil CDC na rúa Agro do Medio

O Milladoiro adíase á Semana Santa coa festa de San Xosé
O Milladoiro ten todo listo para celebrar entre hoxe e mañá dúas das súas xornadas máis especiais do seu calendario festeiro cos festexos na honra de San Xosé, un dos patróns da parroquia. A diversión da veciñanza nestas datas non sería posible de non ser polo constante traballo da comisión de festas do Milladoiro, unha entidade que ten en conta todos os factores necesarios para provocar os sorrisos das familias e dos máis pequenos.
«A xente ten ganas de que chegue a festa. Nestes últimos dez días moitos estiveron preguntándonos se íamos traer algo para San Xosé», explica o tesoureiro da entidade, José Luis Vázquez. A comisión non leva activa moito tempo, pois creouse no ano 2023, e tampouco conta cun enorme grupo de integrantes, xa que está composta por catro veciños deste núcleo amesán: José Zumalave, Rubén Maceiras, Paula Segade e o propio José Luis Vázquez. En citas como San Xosé ou as festas da Madalena unen forzas como grupo para que a veciñanza poida gozar dunhas celebracións patronais á altura.
Programa festivo
Nesta ocasión, os actos festivos comezarán esta noite no Milladoiro, a partir das 21.30 horas, coa actuación do Grupo La Bamba e a música en vivo da discoteca móbil CDC na rúa Agro do Medio. Xa o xoves, haberá pasarrúas ao mediodía a cargo do grupo de gaitas Airiños do Paseo de Colón e a charanga Os Atrevidos. Ao longo dos festexos terán lugar actos relixiosos na honra do patrón.
Con todo, aclara que superar os procesos necesarios para organizar festas como as de San Xosé con todas as contratacións que iso implica pode resultar complicado: «Hai que completar mitos trámites burocráticos que retardan a xestión deste tipo de celebracións. Neste sentido estamos moi agradecidos co Concello de Ames, xa que nos axudou moito».

ESPECIAL SAN XOSÉ DO MILLADOIRO 2026
ESPECIAL SAN XOSÉ DO MILLADOIRO 2026Sentimento de pertenza
As propostas culturais que impulsan buscan chegar á veciñanza xeral do Milladoiro. «Somos un pobo con moita xuventude, de feito temos unha natalidade moi alta, por iso tratamos de ofrecer música de todos os tipos», sinala o veciño. Neste senso, o amesán pon de manifesto o crecente sentimento de pertenza que caracteriza aos mozos do Milladoiro, un feito que non sempre foi así. «Agora a xuventude di que é de aquí. Antes este era un lugar poboado por xente de fóra que logo marchaba, pero isto cambiou grazas ás escolas e a estabilidade que se xerou. Penso que a creación da nova escola vai a axudar aínda máis neste sentido», destaca.
Para el, este é un territorio en auxe «moi cómodo para vivir», xa que «ten todos os servizos que podes buscar. E xa non só O Milladoiro, senón Ames, está destacando nos postos de novos residentes. Ten moitísima cultura e actividades durante o ano». n
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias