As Santas Tapas estradenses abren a venda de bonos cunha bebida por 3,5 euros
Serán vintedous os locais participantes, distribuídos en catro rutas
A intención é apoiar os empresarios diante da Semana Santa

Unha degustación das Santas Tapas estradenses noutra edición / BERNABE
As xornadas de degustación As Santas Tapas, nas que conflúe a colaboración de Hostaleiros da Estrada e o Concello, a través do seu departamento de Promoción Económica, abren este venres a venda anticipada do Bono Combo, unha novidade desta edición coa que os consumidores poderán degustar a tapa de cada establecemento combinada con auga ou curto de cervexa ao prezo de 3,5 euros.
O Concello será quen financie parte do custo deste bono como apoio á actividade económica no ámbito hostaleiro durante a Semana Santa.
Os tíckets para estes combos poderán ser adquiridos nos 22 locais que participan este ano nas xornadas. Son A Lacena de Chucha, O Mesón da Estrada, Restaurante La Estación, Oasis, A Riala Taberna, Cepa e Viño Gastrobar, Velis Nolis Bistro, Hamburguesería Florida, Cervexería Eureka, Andalucía, Inferno; Malo Será, A Bodeguiña, O Xulia, Tapería O’Lar, 20 Berzas, As 3 Portiñas, Restaurante Samaná, Enredo, Candil de Silvia, Salvaxe Lounge Bar e Scala.
Nomes de ríos
Estes establecementos están distribuídos en catro rutas, con nomes de ríos: Umia, Liñares e o Deza. Todos eles presentan propostas culinarias en pequeno formato que se venderán de xeito individual ao prezo de 3 euros, unhas propias da cociña tradicional e outras dentro dunha modalidade innovadora.
Os seus pinchos poderán degustarse dende o 1 de abril pola tarde ao domingo 5. Para probar as Santas Tapas nestes cinco días da Semana Santa deseñouse un horario mínimo: de 12.00 a 15.00 horas e de 20.00 a 22.00, e haberá dous premios de 1.000 euros (500€ para gastar na ACOE e outros 500€ na hostalaría) completando a ruta.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias