Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INTERCAMBIO

Carballo e L’Isle Jourdain reforzan a irmandade con tradición, música e lingua

Una delegación do concello francés visitará a capital de Bergantiños do 24 ao 28 de abril

Escolares de Carballo plantando un exemplar de 'Xinkgo biloba' doado por L'Isle Jourdain.

Escolares de Carballo plantando un exemplar de 'Xinkgo biloba' doado por L'Isle Jourdain. / C. C.

Carballo

Unha delegación de L’Isle Jourdain, a vila francesa irmandada con Carballo, visitará o concello bergantiñán do 24 ao 28 de abril para participar nun intercambio cultural que ten como obxectivo fortalecer os vínculos históricos e sociais entre ámbalas dúas localidades.

Participarán unhas corenta persoas de entre 11 e 83 anos, que chegarán a Carballo o venres 24 ás 19.30 horas. O punto de encontro será a casa do concello, onde se lles dará a benvida formal aos visitantes antes de que sexan acollidos polas familias locais, peza clave deste programa de convivencia.

Obradoiro occitano-galego

O programa da visita destaca pola posta en común das tradicións de cada un dos concellos. O sábado 25, tras un almorzo institucional coa Escola Oficial de Idiomas (EOI) no Pazo da Cultura, o mercado municipal converterase no epicentro da xornada. Un obradoiro occitano-galego da man de Hadrián García dará paso a unha foliada popular con entidades de música tradicional.

O domingo 26, a delegación francesa visitará puntos de interese de Carballo da contorna e asistirá ao espectáculo Bienquerer, do recoñecido bailarín e coreógrafo Fran Sieira.

Tracking Pixel Contents