INFRAESTRUTURAS
Medio Ambiente traballa na creación dunha área de inundación controlada en Ponteceso
O Concello demanda o apoio autonómico para mellorar a senda fluvial

O alcalde, terceiro esquerda, na xuntanza coa conselleira de Medio Ambiente. / X. G.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, mantivo un encontro co alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, na que abordaron os traballos que está a facer Augas de Galicia para a definición do proxecto para crear unha área de inundación controlada na contorna do río Anllóns.
Neste sentido, os técnicos do organismo autonómico están en contacto cos do Goberno local co fin de deseñar a mellor solución posible para reducir os episodios de asolagamentos que se rexistran na zona en momentos de choivas intensas, como as das últimas semanas.
Convenio de colaboración
Neste sentido, unha vez definida a mellor opción e os traballos que serían necesarios, a Xunta e o Concello asinarán o correspondente convenio de colaboración para establecer as obrigas de cada parte e iniciar a licitación do contrato para executar as obras.
Na xuntanza tamén avaliaron posibles vías de colaboración co obxectivo de executar traballos de conservación nun tramo da senda do río Anllóns.
O rexedor presentoulle á responsable autonómica unha memoria valorada desta actuación -para mellorar o camiño con pavimento de xabre e o mobiliario urbano existente (como bancos e miradoiros sobre o río) feito en madeira e que está deteriorado polo paso do tempo- co fin de que sexa analizada tecnicamente para determinar a posibilidade de acceder a financiamento autonómico.
Conservación da senda do Anllóns
A finalidade do proxecto presentado polo alcalde é continuar coas intervencións de conservación realizadas en exercicios anteriores, como as desenvolvidas o ano pasado co apoio da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático nun treito de case medio quilómetro dun sendeiro peonil dun quilómetro de lonxitude en total e que discorre paralelo ao río Anllóns.
Nese caso os traballos, cun orzamento de algo máis de 50.000 euros, contaron co cofinanciamento do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (Pepac) 2023-2027.
Nesta liña, a conselleira trasladoulle ao rexedor a vontade da Xunta de seguir colaborando na posta en valor dos espazos protexidos da comunidade e de acondicionar infraestruturas como as sendas existentes para favorecer o desfrute de momentos de lecer na natureza tanto pola cidadanía que vive na contorna como polos visitantes.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias