EDUCACIÓN
O PSOE cualifica de «parche» as obras previstas no IES Fernando Blanco de Cee
Demanda unha reforma integral que inclúa tellados, calefacción e seguridade

Fachada do IES Fernando Blanco, de Cee. / Cedida
A deputada do PSOE Patricia Iglesias acusa á Consellería de Educación de «tomarlle o pelo» á cidadanía ao ofrecer un «parche de 35.000 euros para reparacións menores no IES Fernando Blanco de Cee, un inmoble con 140 anos de historia ao que os rapaces teñen que asistir a clase con caldeiros nas aulas».
Os socialistas reclaman a reforma dos tellados, a retirada da cuberta para instalar materiais seguros, reparar o sistema eléctrico, modernizar a calefacción, rematar coa masificación das aulas, cubrir persoal básico na conserxería, «e garantir a seguridade na contorna, onde o tráfico xa ten provocado situacións de risco reais».
Falla de apoio do PP
Patricia Iglesias lamenta «a falla de apoio do PP ás demandas da comunidade educativa, e reclama «diagnóstico, planificación e investimento real» e que este inmoble histórico «non siga deteriorándose por abandono institucional».
Reivindicou que os rapaces e rapazas de Cee «poidan estudar nun centro seguro e digno», sen caldeiros nas aulas e sen instalacións deterioradas, e sinalou que «defender o IES Fernando Blanco non é só arranxar un edificio, é defender tamén á educación pública».
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas