Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

Zas organiza campamentos gratuítos en Semana Santa para facilitar a conciliación

Desenvolveranse nos centro socioculturais da capital municipal e Baio

O alcalde de Zas con escolares nunha das actividades organizadas polo 8M.

O alcalde de Zas con escolares nunha das actividades organizadas polo 8M. / C. Z.

Zas

O Concello de Zas organizará campamentos de Semana Santa para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. Desenvolveranse os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril nos centros socioculturais de Zas e Baio, e poderán participar nenas e nenos de entre 3 e 12 anos.

Cartel promocional do campamentos de Semana Santa en Zas.

Cartel promocional do campamentos de Semana Santa en Zas. / Cedida

Son completamente de balde, e trátase dunha medida que busca facilitar o acceso a este tipo de servizos a todas as familias, especialmente aquelas con menos recursos, "sendo Zas un dos poucos concellos da Costa da Morte que ofrece este tipo de programas sen custo para a cidadanía", subliñan dende o goberno local. As inscricións poderanse realizar nos centros socioculturais.

Políticas útiles

O alcalde, Manuel Muíño, subliña que "desde o Concello seguimos apostando por políticas útiles que dean resposta ás necesidades reais das nosas veciñas e veciños".

Estes campamentos, engade, "non só axudan á conciliación, senón que tamén garanten que todas as familias, independentemente da súa situación económica, poidan acceder a un servizo de calidade. É fundamental que a administración local estea ao lado da xente, e este é un claro exemplo dese compromiso”.

Igualdade de oportunidades

Muíño engade que "o feito de que sexan completamente de balde non é casual, senón unha decisión firme deste goberno municipal para apoiar ás familias e fomentar a igualdade de oportunidades desde a infancia".

Tracking Pixel Contents