INFRAESTRUTURAS
Acordo unánime no Parlamento para ‘acelerar’ a circunvalación de Carballo
O PSOE critica que nos orzamentos da Xunta só se contemplan 500.000 euros

Aitor Bouza e Patricia Iglesias na Comisión de Industria do Parlamento. / Cedida
A Comisión de Industria do Parlamento galego aprobou, por unanimidade, unha proposición non de lei do PSOE para esixirlle á Xunta que inicie este mesmo ano as obras da circunvalación de Carballo.
A deputada socialista Patricia Iglesias esixiu ao Goberno galego «menos propaganda e máis execución con esta obra fundamental para Carballo».
Sinalou que, máis alá dos anuncios, «a realidade é que os orzamentos da Xunta para 2026 só contemplan 500.000 €, unha contía decorativa que non dá nin para empezar», tal e como ten advertido a comunidade de propietarios do polígono. Lembrou que levan agardando por unha xuntanza coa responsable da Axencia Galega de Infraestruturas dende novembro.
Necesidade urxente
Ademais, explicou que a circunvalación constitúe «unha necesidade urxente para Carballo, pois o tráfico pesado está cruzando o casco urbano, pasando por zonas escolares e deportivas, cun evidente risco para os veciños e veciñas e un perigo para as crianzas».
Advertiu que a obra ten que ser executada ao mesmo tempo que as ampliacións da AG55, agora en marcha, e do polígono para evitar o colapso de Carballo.
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- Los vuelos 'vip' que traen material oncológico de Barcelona a Santiago y vuelven con pasajeros por 200 euros
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año