Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SAÚDE

A Laracha contará cun punto de información sobre a enfermidade de Parkinson

Una profesional atenderá aos afectados e familiares cada quince días no Edificio Administrativo

O servizo de atención estará ubicado no Edificio Administrativo da Laracha.

O servizo de atención estará ubicado no Edificio Administrativo da Laracha. / Cedida

A Laracha

O Concello da Laracha contará, a partir do 27 de marzo, cun punto de información acerca da enfermidade de Parkinson, gracias á colaboración da Asociación Parkinson Galicia-Coruña e a Fundación la Caixa.

Unha profesional da asociación achegarase ao Edificio Administrativo (Avda. Fisterra nº 60), os venres, con periodicidade quincenal, en horario de 9.00 a 15.00 horas, para ampliar a atención, orientación e detección de necesidades a persoas afectadas e ás súas familias.

Será preciso solicitar cita previa a través dos teléfonos 981 241 100 / 618 950 128 ou do correo electrónico info@parkinsongaliciacoruna.org.

Tracking Pixel Contents