INAUGURACIÓN
O histórico depósito de auga de Carballo inspira o novo novo parte infantil do Chorís
Á área de xogo é unha homenaxe á arquitectura e á identidade do barrio

O alcalde, segundo esquerda, e concelleiros no acto inaugural do novo parque. / C. C.
O Concello de Carballo deu un paso definitivo na súa estratexia de espazos públicos para a infancia coa apertura do novo Parque do Chorís. Situado nunha zona na que conflúen os usos residencial, educativo e deportivo, este novo espazo non é só unha área de xogo, senón unha homenaxe á arquitectura e á identidade do barrio.
Durante o acto de apertura, que contou cunha alta participación de familias, o alcalde, Daniel Pérez, destacou o valor emocional do proxecto: "Hoxe non só inauguramos randeeiras ou tobogáns; hoxe devolvémoslle á infancia carballesa un símbolo do noso patrimonio transformado en diversión".
Trolebús do Rego da Balsa
Queremos, engadiu, "que os nosos nenos e nenas medren xogando na nosa historia, que sintan orgullo de elementos como este depósito ou o trolebús do Rego da Balsa, porque apropiarse do espazo público é a mellor forma de facer comunidade", sinalou o rexedor carballés.
O elemento central do parque é a torre-depósito, unha estrutura monumental de 8,75 metros de altura deseñada en forma de prisma hexagonal. Esta réplica está pensada para nenos e nenas de entre 4 e 14 anos e ofrece unha experiencia de xogo en cinco plantas.
Carácter monumental
Conta con rocódromos, escaleiras helicoidais e pavimentos de malla que desembocan nun gran tobogán tubular de aceiro de 6,8 metros de altura, e revestimento de chapa perforada e a iluminación LED integrada nos piares permiten que o parque brille tamén en horario nocturno, e que destaque o seu carácter monumental.
Esta apertura completa unha inversión estratéxica na que o Concello traballou sobre tres eixes fundamentais: Parque do Chorís, o depósito como fito de barrio; Parque do Rego da Balsa, onde a temática vira arredor do antigo trolebús, a electricidade, a auga e o skyline urbano, e a Praza do Outeiro, onde a natureza é protagonista, coa gran árbore "Carballo" de máis de 6 metros de alto.
Con estas actuacións, "Carballo consolídase como un referente en urbanismo pensado para a infancia, combinando seguridade (normativa EN-1176), deseño exclusivo e memoria histórica", subliñan dende o goberno local.

Autobús 'Máis de Carballo que o pan'. / Cedida
Previamente á inauguración do parque do Chorís, na Praza do Concello presentouse o autobús Máis de Carballo que o pan, froito da colaboración con Autos Costa.
O persoal da empresa de transporte e unha ampla representación do goberno municipal puideron estrear o novo vehículo, que a partir de agora veremos circular a diario polas nosas rúas e estradas, para desprazarse ata o parque.
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- Buena comida y gran ambiente en la primera Festa da Caza de Trazo
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Crónica social compostelana | Comida de confraternidad de la promoción del curso 1966-67 del Colegio La Salle