Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

O PSOE de Muxía denuncia un "mínimo histórico" de usuarios nos plans de conciliación

Iago Toba, portavoz socialista, asegura que o custo ascende a "preto de 300 euros por neno"

Actividades nun dos campamentos de conciliación.

Actividades nun dos campamentos de conciliación. / Cedida

Muxía

O PSOE de Muxía denuncia "un mínimo histórico" de usuarios nos plans de conciliación que oferta o Concello, así como unha "merma da calidade, sendo foco de críticas das familias" que empregan estes servizos.

O portavoz socialista, Iago Toba, asegura que a convocatoria de Entroido "tan só tivo sete usuarios". Sinala que son varios os motivos deste descenso. "Se non fose porque é certo, parecería unha broma que o custo dos campamentos de conciliación é de preto de 300 euros por neno", afirma.

Ademais, engade, estes programas "non son flexibles en horario", e denuncia que foron "adxudicados a unha empresa de limpezas e reformas de obras. Todo un despropósito", conclúe.

Tracking Pixel Contents