Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Certame

Os galardóns ás mellores regueifas chegan a Dodro, Melide e á comarca de Bergantiños

Santiago e Vigo destacaron, e compartiron premios con videos de Malpica, Carballo e Coristanco

Convocaron os servizos de normalización lingüística, e a gala final será en Pontevedra o 16 de abril

Gala final e entrega de premios do certame Enregueifate do pasado ano

Gala final e entrega de premios do certame Enregueifate do pasado ano / Xaime Cortizo

Santiago

O certame Enreguéifate xa ten gañadores entre os 84 vídeos inscritos, chegando ata Melide, Dodro e a comarca de Bergantiños. A entrega dos galardóns, impulsados polos servizos de normalización lingüística municipais, será o 16 de abril, ás 11.45 horas, nunha gala no Teatro Principal de Pontevedra.

Así, na categoría xeral a regueifa máis brava foi para Regueifeiras do CIOV, con Saúde e lingua!, de Vigo; a máis aguda, Arrieiro e Chaminho, reguei-FIT-eiros, de Cambre e Malpica; a mellor cantada, Coros Virxe da Renda e Casa Rosada, con A vida con humor, de Poio; a mellor falada, para Familia V.A., Flores e cores, de Santiago; a máis inclusiva recaeu en Teiseiros regueifeiros: O home contra a máquina, do Centro de Inclusión Fundación de Santa Cruz en Vigo; e a máis entroideira, Regueifeirxs do Entroido, coa Regueifa do Entroido, de Santiago.

Para o alumnado

No que atinxe á categoría escolar, a regueifa máis brava foi para Os fervellasverzas, con A mocidade anda nas verzas, do CEIP Plurilingüe Nétoma-Razo de Carballo; a máis aguda, a das Astrovacas, Misión Onomástica, do IES Arcebispo Xelmírez II de Santiago; a máis diversa, Lopeiros, coa Regueifa universal, do CEIP Plurilingüe Lope de Vega de Vigo; a máis reivindicativa, Pois Disque Cantamos, A regueifa é mundial, do IES de Melide; a regueifa mellor cantada foi para Regueifando en Dodro, Antes ou agora?, do CPI Plurilingüe Lorenzo Baleirón, de Dodro; a mellor falada, Regueifeiras da Chá, Churras, churras, churras!, do IES Basanta Silva de Vilalba; a máis inclusiva gañárona As e os regueifeiros do Quiroga, 4º C, con Un día con nós, do CEIP Plurilingüe Quiroga Palacios de Santiago; e a máis entroideira, a de Faísca Bergantiñá, Duelo de Entroido: Valenza vs. Rececinde, do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco.

O xurado estivo composto por Manolo Maseda, mestre, músico e regueifeiro; Séchu Sende, mestre, escritor e regueifeiro; Laura Gil, técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Arzúa e Conchi Cochón, técnica do Servizo de Normalización Lingüística de Pontevedra.

Tracking Pixel Contents