Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

Talía Teatro presenta en Cee a súa nova obra: 'Artur Ui, o ovo da serpe'

A cita é o sábado, día 21 ás 20.15 horas, no Auditorio Baldomero Cores

Talía Teatro presenta mañá en Cee 'Artur Ui: o ovo da serpe'.

Talía Teatro presenta mañá en Cee 'Artur Ui: o ovo da serpe'. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Cee

A compañía Talía Teatro presenta o sábado en Cee a súa nova montaxe teatral: Artur Ui, o ovo da serpe. A cita é ás 20.15 horas no Auditorio Baldomero Cores da casa de cultura.

Baixo a dirección de Quico Cadaval, e cun elenco formado por Dani Trillo, Marta Lado, Toño Casais, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Xurxo Barcala e Artur Trillo, a nova obra de Talía é unha produción de gran formato que busca reflexar o momento actual a través da lente do teatro épico.

As entradas, a 5 e a 7 euros, pódense mercar na taquilla da casa da cultura o propio día da función desde as 18.45 horas.

TEMAS

Tracking Pixel Contents