Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CONVENIO

O Museo Fernando Blanco de Lema, un piar cultural de Cee, recibe apoio municipal

O Concello aporta 18.000 euros para o mantemento e gastos de persoal

Eva García, esquerda, e Margarita Lamela asinando o convenio.

Eva García, esquerda, e Margarita Lamela asinando o convenio. / Cedida

Cee

_________________________________________________________________________________________

O Concello de Cee e a Fundación Fernando Blanco de Lema renovaron o convenio de colaboración co obxecto de financiar os gastos de persoal e mantemento do Museo Fernando Blanco.

O acordo, asinado pola alcaldesa, Margarita Lamela, e a presidenta da Fundación, Eva García Caamaño, contempla unha achega de carácter prepagable por valor de 18.000 € que, xunto con outras axudas que a entidade poida conseguir para a mesma finalidade, permitan ter cubertos os gastos este ano.

Trátase dunha subvención que o Concello vén aportando dende que o Museo Fernando Blanco abriu as súas portas no ano 2001, "mostra clara e evidente da aposta municipal, ao longo de todo este tempo, a prol dun piar crucial na oferta cultural da vila", subliñan dende a Fundación.

Un edificio histórico, nobre e singular

Convén lembrar, ademais, o papel xogado pola administración local na propia creación do espazo museístico sobre a que foi antiga Escola das Nenas da Fundación, un edificio histórico, nobre e singular que foi rehabilitado especificamente para expoñer boa parte dos fondos da colección.

Aposta pola entidade

Dende a Fundación Fernando Blanco amosan o "recoñecemento por tan inestimable colaboración ao longo de todos estes anos, dado que historicamente a relación sempre foi exquisita, agradecendo ao equipo de goberno, oposición, e a todos os integrantes que formaron parte do pleno do Concello de Cee no pasado, a súa aposta por unha entidade que foi determinante para a vila e para a contorna, e que hoxe difunde a figura do fundador e do seu impagable legado".

Tracking Pixel Contents