PATRIMONIO COSTEIRO
A senda de Xermaña a Caión formará parte do Camiño do Litoral
A conselleira de Medio Ambiente e o alcalde da Laracha avaliaron as actuacións de limpeza e adecuación

O alcalde da Laracha, á esquerda, na xuntanza coa conselleira de Medio Ambiente. / X. G.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde da Laracha, José Manuel López, avaliaron a inclusión da senda de Xermaña a Caión no Camiño do Litoral para poñer en valor a riqueza ambiental, paisaxística, cultural e etnográfica do patrimonio costeiro galego.
Traballo de campo
Nesa liña, fíxose un exhaustivo traballo de campo ao longo de todo o percorrido para coñecer a situación, identificar necesidades e posibles melloras, así como optimizar as accións a acometer aproveitando o xa existente. De feito, no tramo entre Caión e Xermaña sería necesario levar a cabo algunhas actuacións de limpeza e adecuación.
Nova depuradora
A conselleira e o rexedor tamén analizaron outras cuestións de interese para o municipio, como a mellora do servizo de saneamento. En concreto, estudaron a posible construción dunha nova estación depuradora de augas residuais en Caión.
Ángeles Vázquez animou o alcalde a presentar o correspondente proxecto para a súa avaliación por parte de Augas de Galicia, determinar a súa viabilidade e, de ser o caso, establecer vías de colaboración para acometelos.
- Cristina Pedroche se rinde a Galicia durante sus vacaciones: 'Me voy completamente enamorada ¿Me hacéis un hueco?
- Adiós a otro comercio del casco histórico de Santiago: «Moita xente vén, proba, e logo compra nas plataformas»
- Hartazgo de los vecinos del casco histórico de Santiago ante la masificación turística: «Hai que pedir permiso para circular pola nosa cidade»
- Fly2Galicia pone a la venta vuelos a ocho destinos desde el aeropuerto de Santiago
- Un corazón logístico de 6.000 metros cuadrados en A Estrada: así es el 'Amazon' de la Xunta que suministra material a todos los colegios de Galicia
- El hotel de Santiago que ha enamorado a The Times: 'Pocos paradores de España poseen su grandeza monumental
- Oroso, localidad de centenarios: Herminia Costa celebra los cien años
- La Xunta recurrirá la multa de 3,5 millones por los auxiliares de conversación y exige al Estado que la pague