Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

EDUCACIÓN

Ainara Rodríguez, do IES de Baio, logra o quinto posto na Olimpíada Galega de Química

A dirección do centro destaca o seu talento e dedicación

Ainara Rodríguez Blanco, quinto na Olimpíada Galega de Química.

Ainara Rodríguez Blanco, quinto na Olimpíada Galega de Química. / Cedida

Zas

Ainara Rodríguez, alumna do IES Maximino Romero Lema de Baio (Zas) acadou o quinto posto na XLIII Olimpíada Galega de Química na demarcación da Universidade da Coruña.

Dende o instituto din estar «cheos de orgullo e alegría polo logro; un resultado que reflicte non só o seu talento, senón tamén o seu esforzo constante, a súa curiosidade e a súa paixón pola ciencia. Detrás deste éxito hai moitas horas de traballo, ilusión e superación persoal».

Para toda a comunidade educativa, engaden, «é unha enorme satisfacción ver como o noso alumnado medra, soña e alcanza metas tan importantes».

Ainara, subliñan, «convértese hoxe nun exemplo e unha inspiración para os seus compañeiros e compañeiras».

TEMAS

Tracking Pixel Contents