Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

MEDIO AMBIENTE

Retiran máis de media tonelada de lixo mariño nos coídos de Touriñán, en Muxía

Bidóns, zapatos, e moitas botellas de plástico entre a variada colleita dos voluntarios de Mar de Fábula

Voluntarios de Mar de Fábula seleccionando o lixo recollido en Touriñán.

Voluntarios de Mar de Fábula seleccionando o lixo recollido en Touriñán. / Cedida

Muxía

Vinte e tres persoas voluntarias retiraron na fin de semana 512 quilos de lixo mariño nos coídos de Touriñán (Muxía), nunha nova xornada de limpeza promovida pola Asociación Mar de Fábula.

Voluntarios recollendo lixo nos coídos de Touriñán, en Muxía.

Voluntarios recollendo lixo nos coídos de Touriñán, en Muxía. / Cedida

Unha variada colleita que incluíu aparellos, cordas da actividade pesqueira, bidóns, zapatos, sprays, cacharros de pástico para a captura dos polbos, escumas sintéticas e poliuretano, produtos en todas as grafías procedentes do Corredor Marítimo de Fisterra e unha enorme cantidade de botellas de plástico de auga.

Calzado recollido entre as rochas de Touriñán, en Muxía.

Calzado recollido entre as rochas de Touriñán, en Muxía. / Cedida

A presidenta de Mar de Fábula, Virginia Barros, ante a grande cantidade de botellas de plástico que atopan en cada xornada de limpez subliña "a necesidade de implementar as máquinas de recollida de envases para botellas e latas (SDDR)".

Voluntarios portando un saco de lixo mariño retirado en Touriñán.

Voluntarios portando un saco de lixo mariño retirado en Touriñán. / Cedida

Unha vez máis, engade Barros, "o voluntariado, as persoas, o mellor da xornada. A satisfacción de facer o ben en equipo é impagable e súper reconfortante nun mundo cada vez máis dixitalizado. O contacto ca natureza, o coidado da nosa Nai Terra e a unión entre as persoas resulta ser a mellor das combinacións na construcción dun mundo mellor".

Dende Mar de Fábula agradecen tamén o apoio loxístico do Concello de Muxía.

TEMAS

Tracking Pixel Contents