Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Semana Cultural chega ao Instituto de Cacheiras baixo o epígrafe Ilumínate

Dende este luns e ata o día 27 porá o foco en cuestións como a inclusión, a saúde mental ou memoria histórica

Tamén estará un equipo da Guardia Civil para afondar cos alumnos e profesores sobre a resolución de casos

Charla de Lucía Freitas na anterior edición da Semana Cultural do IES de Cacheiras

Charla de Lucía Freitas na anterior edición da Semana Cultural do IES de Cacheiras / IES

Teo

O IES de Cacheiras (Teo) celebrará, entre este luns 23 e o 27 de marzo, a quinta edición da súa Semana Cultural, que leva por título Ilumínate, e vai poñer o foco en cuestións como a inclusión, a saúde mental ou memoria histórica.

Contará con charlas e encontros con persoas e colectivos de referencia, como Manuel Fontemoura, Antía Yáñez, a Asociación Fonte da Virxe ou o Grupo Histagra. Tamén estará a matrona Isabel Abel, que ofrecerá unha charla sobre como chegamos ao mundo.

Persoeiros

Visitarán o centro persoeiros que brillan con luz propia, como a actriz María Vázquez ou o fotógrafo Carlos Folgoso. Pola súa banda, Lucía Solla presentará o seu libro 'Comerás flores' e falará sobre as relacións tóxicas, mentres que Antón Bouzas impartirá a charla astronomía cultural. A programación complétase cunha ampla oferta de obradoiros organizados polo profesorado e o alumnado do centro, entre os que destacan o taller de siluetas vitorianas, cámara escura, luminogramas, o arco da vella ou unha sesión de dilemas.

Club de Ciencia

O Club de Ciencia dedicará unha xornada á luz, explorando a súa dimensión visible e invisible, sen esquecer actividades de educación física oo talleres de teatro de sombras impartido pola Asociación Morreu o Demo, o de Neoneón de Monster Studio e o de Óptica da USC. Para rematar, a Guardia Civil falará sobre resolución de casos.

Tracking Pixel Contents