PLAN DE ACCIÓN
Máis proxectos e financiación para impulsar o turismo na Costa da Morte
Dará a coñecer o territorio nos centros educativos de Primaria

Participantes na asemblea xeral da CMAT, celebrada en Vimianzo. / Cedida
Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aprobou as contas de 2025 e deu luz verde ao plan de acción para 2026, que será mái amplo e ambicioso que en anos anteriores.
Un salto cualitativo que será posible grazas ao incremento dos fondos propios da asociación. Este reforzo tradúcese na posibilidade de impulsar proxectos de maior orzamento, así como de concorrer a convocatorias doutras administracións públicas que esixen cofinanciamento, abrindo novas oportunidades para o desenvolvemento turístico do territorio.
Así, entre as cotas dos asociados, a subvención anual da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, e outras convocatorias de axudas, ás que está a concorrer e que están pendente de resolución, o orzamento da CMAT para este ano 2026 chega aos 260.000 €.
Promoción e desestacionalización
Neste contexto, o colectivo seguirá traballando en liñas estratéxicas centradas na promoción, a desestacionalización, a posta en valor dos recursos locais e a mellora da competitividade do destino.
Entre as accións previstas para os vindeiros meses destaca a organización da Semana do Turismo da Costa da Morte, que se celebrará coincidindo co cuarto evento anual do sector, converténdose nun novo espazo de encontro e promoción para os profesionais e o territorio.
Proxecto educativo
A CMAT implementará tamén un novidoso proxecto educativo, a desenvolver en todos os centros de educación Primaria do territorio, no que se dará a coñecer entre os mais novos o territorio da Costa da Morte como un conxunto.
Desde a directiva da asociación aseguran que este novo escenario, que permitirá reforzar o traballo conxunto dos concellos, as diferentes administracións públicas e do sector turístico, "co obxectivo de seguir impulsando un modelo de desenvolvemento sostible e consolidar a Costa da Morte como un destino de referencia".
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas