MOBILIDADE
A nova senda peonil de Nantón facilitará o acceso seguro a servizos e equipamientos cabaneses
As obras, orzamentadas en 420.000 €, licitaranse no mes de abril

Allegue, segunda, Muíño e Do Campo presentando a senda de Nantón. / MONCHO FUENTES
A Xunta construirá unha nova senda peonil de 1,5 quilómetros na estrada AC-552, ao paso por Nantón, en Cabana de Bergantiños, que suporá un investimento de máis de 420.000 €.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co alcalde, José Muíño, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, presentou este martes a actuación, que conta con financiamento de fondos europeos FEDER.
Allegue explicou que tras a publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia da aprobación definitiva do proxecto de construción desta senda, axilizaranse os trámites para licitar as obras no vindeiro mes de abril. Indicou que esta intervención ten un prazo de seis meses, polo que será unha realidade no ano 2027.

A conselleira e a delegada da Xunta con profesionais e usuarios de Íntegro. / MONCHO FUENTES
Sinalou que esta actuación dá resposta ás necesidades en materia de seguridade e mobilidade sostible da veciñanza desta contorna. Concretou que ao longo deste tramo hai moitos equipamentos e servizos, polo que a senda favorecerá os desprazamentos seguros e cómodos dos veciños ao centro de saúde, á parada de autobús, á farmacia, ou ao campo de fútbol.
Usuarios de Íntegro
Fixo fincapé en que este itinerario permitirá facilitar tamén os desprazamentos seguros dos usuarios da Asociación Íntegro, dedicada a persoas con diversidade funcional, aos distintos servizos nesta contorna.
Ademais da construción da propia senda, levaranse a cabo outras actuacións relativas á canalización de pluviais ou á instalación de telecomunicacións; e renovarase a sinalización.
120 quilómetros en Galicia
Cómpre lembrar que esta intervención se enmarca no Plan de Sendas de Galicia da Xunta, cuxa segunda fase está en pleno desenvolvemento para acometer 120 quilómetros de itinerarios nas marxes das estradas autonómicas. Estes percorridos sumaranse aos máis de 300 quilómetros xa executados nunha primeira fase no conxunto da comunidade.
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas