Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

FILME

Zas e Carballo acollen a presentación da curtametraxe de 'A Costa e os castelos'

Dirixida por Alejandro Gándara, propón unha viaxe pola Costa da Morte a través dos seus castelos, torres e pazos

Imaxe da curtometraxe tomada en Fisterra.

Imaxe da curtometraxe tomada en Fisterra. / Cedida

Zas

A Costa e os castelos, a nova curtametraxe documental dirixida por Alejandro Gándara Porteiro, iniciará esta fin de semana o seu percorrido público con dúas primeiras presentacións en Zas e Carballo.

O filme propón unha viaxe pola Costa da Morte a través dos seus castelos, torres e pazos para compoñer un relato sobre historia, memoria, paisaxe e territorio, poñendo en diálogo o pasado e o presente destes espazos patrimoniais desde unha ollada rigorosa, sensible e contemporánea. 

Cartel promocional da presentación nas Torres do Allo, en Zas.

Cartel promocional da presentación nas Torres do Allo, en Zas. / Cedida

A estrea chega, ademais, nun momento especialmente significativo para o equipo da película, xa que Alejandro Gándara Porteiro e Manuel Lucas Mariño acaban de ser recoñecidos co Premio Mestre Mateo a Mellor Documental por 360 Curvas, traballo no que participaron como codirector e director de fotografía, respectivamente.

Este recente galardón supón un novo impulso para un proxecto que afonda tamén na relación entre memoria, identidade e territorio desde o cinema documental.

Unha das imaxes do filme 'A Costa e os castelos'.

Unha das imaxes do filme 'A Costa e os castelos'. / Cedida

A primeira presentación terá lugar o venres 27 de marzo ás 20.30 horas nas Torres do Allo, en Zas. O segundo pase celebrarase o sábado 28 de marzo ás 20.00 horas no Espazo Sol de Carballo. Ambas presentacións contarán coa presenza do director do filme.

Tracking Pixel Contents