Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

EDUCACIÓN

Alumnos do IES Fernando Blanco, de Cee: "O noso instituto desfaise: Solucións xa!"

Os estudantes súmanse ás demandas do profesorado e da ANPA

Concentración de alumnos diante do IES Fernando Blanco, de Cee.

Concentración de alumnos diante do IES Fernando Blanco, de Cee. / Cedida

Cee

O alumnado do IES Fernando Blanco de Cee esixe "actuacións urxentes" ante a falta de resposta ao deterioro das súas instalacións. Os estudantes sumáronse así ás demandas plantexadas tamén polo profesorado denunciando hoxe publicamente o estado do centro coa presentación dunha pancarta co lema O noso instituto desfaise: Solucións xa!.

"Goteiras, problemas eléctricos, un sistema de calefacción deficiente e o mal estado dos teitos forman parte do día a día dun centro que leva tempo advertindo destas deficiencias sen obter, ata o momento, unha resposta efectiva por parte da administración", subliñan.

Intervención inmediata

Unhas condicións que, engaden, "non só dificultan o desenvolvemento normal da actividade lectiva, senón que evidencian a necesidade dunha intervención inmediata".

O alumnado lembra que estas incidencias xa foron comunicadas en reiteradas ocasións polo profesorado e ANPA do centro, e considera "inaceptable a falta de actuación ante unha problemática que afecta directamente á calidade do ensino e á seguridade do alumnado e do profesorado".

Por este motivo, "esíxese á Consellería de Educación e aos organismos responsables que adopten medidas de maneira inmediata para garantir unhas instalacións seguras e dignas", conclúen.

Tracking Pixel Contents