Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ARTESANÍA

A Mostra do Encaixe xunta en Camariñas palilleiras de sete países de Europa e Sudamérica

Acollerá doce postos de profesionais e empresas locais que tecen puntillas

A alcaldesa, á dereita, e concelleiras locais coa responsable de Encaixes Belén.

A alcaldesa, á dereita, e concelleiras locais coa responsable de Encaixes Belén. / Cedida

Camariñas

A Mostra do Encaixe de Camariñas acollerá palilleiras e palilleiros chegados desde Córdoba e Bos Aires (Arxentina), Sofía (Bulgaria), Krakovany (Eslovaquia), Novedrate (Italia), Bobowa (Polonia) e Serra d’el Rei e Peniche (Portugal), ademais de artesás de Arenis de Arenys del Mar (Barcelona).

A feira das puntillas tamén será un escaparate incomparable para as palilleiras locais. Este ano participarán 12 postos de Camariñas: El Rincón de los Sueños, Asociación Rendas, Asociación Puntillas de Camariñas, Encaixa-T, Encajes Gelina, Encaixes Maruja, Resinheira, Galencaixe, Nadia en Vela, Ondas do Mar, A Tenda de María Rosa e Cornechiño de Lita.

Xunto a elas estarán tamén profesionais e produtos chegados doutros puntos: Ana Trasariz, Arte en Palla, Artesanía Nía, As Nemanquiñas, Asociación Palilleiras A Nosa Señora da Barca, Encaixes Arjomil, Encaixes Belén, Encaixes Lucita, Fils i Agulles Carme Espriu, Mulleres Rurais Moraime, Olería de Buño, Project Market 13 e Tejas Pintadas.

Espazo social e institucional

Asemade, a Mostra habilitará un espazo social e institucional coa Asociación contra o Cancro – Junta Local de Camariñas, Asocación Virxe do Carme de Camariñas, Concello de Camariñas, Deputación da Coruña, Ponte Friki e un Punto Violeta.

As demostracións de artesanía viva correrán a cargo das oleiras e oleiros de Buño, de Miyuki e de Tejas Pintadas con exhibicións de montaxe de bixutería en pedra natural.

Tracking Pixel Contents