Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O legado artístico e cultural de Man, a debate en Camelle

O encontro abordará cuestións como a conservación do conxunto artístico creado polo autor e a pertinencia de posibles intervencións para garantir a súa protección

Manfred Gnädinger, máis coñecido como Man, no seu museo de Camelle.

Manfred Gnädinger, máis coñecido como Man, no seu museo de Camelle. / Concello de Camariñas

Camariñas

O Museo do Alemán de Camelle (Camariñas) acolle este sábado 28 ás 11.00 horas a Xornada sobre Man e a arte na Costa da Morte, un encontro aberto á cidadanía que reunirá artistas, axentes culturais e veciñanza co obxectivo de reflexionar sobre o legado de Manfred Gnädinger, coñecido como Man, e sobre a situación das infraestruturas culturais na comarca.

A iniciativa, integrada no proxecto Sabor a mar con R pola Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM), pretende xerar un diálogo plural ao redor da obra de Man, figura clave da arte ambiental europea, cuxo traballo converteu Camelle nun espazo de referencia cultural.

O encontro abordará cuestións como a conservación do conxunto artístico creado polo autor, a pertinencia de posibles intervencións e as vías para garantir a protección e difusión dun patrimonio artístico único.

Ademais, a xornada servirá para analizar o papel das infraestruturas culturais no desenvolvemento da Costa da Morte e os retos e oportunidades existentes para fortalecer o tecido cultural do territorio, fomentar a participación cidadá e impulsar novas dinámicas de creación contemporánea vinculadas á identidade local.

A APTCM convida á veciñanza da Costa da Morte, á comunidade artística e a todas as persoas interesadas na cultura e no patrimonio a participar neste espazo de reflexión.

Tracking Pixel Contents